BM. MOAÑA 29 – GRUPO LEMACO XIRIA 33

XORNADA 7

17/10/2012

Bm. Moaña: 29 (13+16): Manuel, Sergio (7), Fer (4), Piñeiro (2), Ángel (4), Juan (6), Riobó (3) -equipo inicial- Hector, Mario (3), Anxo.

Grupo Lemaco Xiria: 33 (16+17): Buño, Iván Campos (8), Diego (3), Enrique (11), Dani (4), Gabriel, Lolo (5) -equipo inicial- Manuel, Jorge, Pablo (1), Pereira (1), Álex, Andrés, José.

Colexiados: Micael Martínez e Alfredo Balado.

O Grupo Lemaco Xiria, consolídase no terceiro posto da táboa clasificatoria e, aínda que conta cun partido menos, situase a tres puntos do líder, o Teucro de Pontevedra.

A vitoria da pasada fin de semana na pista de Moaña non foi traballo sinxelo, pero a pesar de ser un partido moi igualado durante a maior parte do tempo, os de Carballo comandaron o marcador dende o inicio e non sufriron en exceso. É verdade que os de Xiria adiantáronse nada máis empezar cun 2-6 de parcial, pero foi máis demérito dos locais, que tardaron en entrar no encontro, que do bo xogo desplegado polos visitantes.

Non tardaron moito en espertar os rapaces de Moaña, que apretaban o marcador e daban esperanzas de triunfo a todos os asistentes que seguían o envite dende as bancadas.

O Grupo Lemaco non encontraba, no día de hoxe, as mellores sensacións e así como a defensa carecía de intensidade e contacto, no ataque posicional desperdiciábanse un gran número de lanzamentos sinxelos. Con todo e iso, a maior calidade dos bergantiñáns permitía que, aínda sen facer o seu mellor partido, se puideran retirar aos vestiarios cunha renda de tres goles (13-16).

A igualdade predominaba de novo na reanudación, pero cos carballeses sempre por diante no electrónico. A defensa seguía sen funcionar e o ataque dinámico dos locais penetraba unha e outra vez a retagarda carballesa, aínda que, en non poucas ocasións, batían contra o gardamallas Jorge, que no día de hoxe tiña unha actuación máis que sobresaínte.

Os instantes finais non foron de excesivo agobio, xa que o equipo de Carballo chegaba a este momento cunha renda de catro goles de diferenza, suficiente para que non perigara a vitoria final.

A próxima fin de semana, o Grupo Lemaco Xiria recibirá no Vila de Noia carballés ao potente equipo do Balonmán Cangas, que ocupa o sétimo posto da táboa clasificatoria a catro puntos dos de Carballo. Será o domingo ás 10.30 h.