BM NARÓN 10 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 48
Bm Narón (4+6) 10: Alejandro Dopico, Bruno, Alejandro Nores (1), Adrián (2), Alberto (5), Sergio (1), Ramón (1), Iván, Borja. Adestrador: Daniel Patiño. Ifecgás Pereira Xiria (25+23) 48: Chou (2),…
Bm Narón (4+6) 10: Alejandro Dopico, Bruno, Alejandro Nores (1), Adrián (2), Alberto (5), Sergio (1), Ramón (1), Iván, Borja. Adestrador: Daniel Patiño.
Ifecgás Pereira Xiria (25+23) 48: Chou (2), Damián (3), Ricardo, Jorge (3), Heitor (6), Miguel (23), Joaquín, Iván, Bisbi, Luís (2), David (9). Adestrador: Juan M. Rodríguez.
Colexiados: Ivan Meijide e Heitor Piñeiro. Moi discutidos.
A xornada quinta do Campionato Provincial Infantil Masculino do Grupo Norte levou ao Ifecgás Pereira Xiria ao Pavillón da Gándara para medirse ao Bm Narón.
O Bm Narón só puxo en complicacións aos pupilos de Juan M. Rodríguez nos primeiros dez minutos. Dez minutos nos que, por unha banda, os de carballo entraron fríos ao partido, e por outra, atopáronse cun ataque 4:2 que os desconcertou. A partir de aí, os axustes defensivos e a posta da cabeza no partido que estaban disputando fixo que o Ifecgás Pereira fose, pouco a pouco, marcando diferenzas no electrónico. Diferenzas que cun parcial de 0-13 puxeron aos de Carballo no camiño para conseguir a súa quinta vitoria consecutiva noutros tantos encontros.
Na segunda metade o único salientable foi a primeira descalificación, rigorosa, que sufre o equipo carballés na presente campaña. Ista debeuse a un lixeiro contacto na pugna polo balón nun contragolpe dun xogador do equipo local. Con ista e con outras decisións discutidas polos dous equipos o protagonismo da segunda parte foi para os colexiados, colexiados que xa deran algunha mostra deste afán na primeira.
A próxima xornada traerá a Carballo ao Balonmán Oleiros nun partido no que os carballeses tentarán continuar coa súa racha triunfal.