PROCASA XIRIA 31 – EM CAMARIÑAS 29
Procasa Xiria: Martín Gómez, Jorge (9), Alex (7), Javi (5), Calvete, Rubén Lamas (8), Edu (2) – equipo inicial – Miguel, Nogales, Rubén Anes, Martín Alfeirán, Luís. EM Camariñas: Alvaro,…
Procasa Xiria: Martín Gómez, Jorge (9), Alex (7), Javi (5), Calvete, Rubén Lamas (8), Edu (2) – equipo inicial – Miguel, Nogales, Rubén Anes, Martín Alfeirán, Luís.
EM Camariñas: Alvaro, Pablo (2), Manuel (8), Fran (4), Lema (10), Angel (5), Iago – equipo inicial – Christian, Jaime, Villar.
Colexiados: Os colexiados David Diez e José.I. Pereira non influiron no marcador final.
O Procasa Xiria conseguiu a sua segunda vitoria da liga diante do seu público nun partido no que a nota predominante foi a igualdade ao longo dos cincuenta minutos e ante un equipo batallador como soen ser os equipos de Camariñas, aínda que non exentos de calidade nos seus xogadores.
A inactividade do Nadal parece que lle pasaba factura aos locais que non eran quen de poñerse por diante na primeira metade do encontro na que os de Camariñas mandaban no electronico e levaban o ritmo do partido. Deste xeito chegábase ao remate deste primeiro acto cun 13-14 a prol dos palilleiros, marcador preocupante para os intereses locais.
Na segunda parte os bergantiñáns saíron moito máis centrados e deixaron os nervios e a ansiedade na caseta, o que propiciou que a forte defensa e os rápidos contraataques deran a volta o marcador en poucos minutos.
A partir deste intre os do Procasa fixéronse, aínda que con curtas vantaxes, amos do encontro e, sobre todo, do ritmo do xogo acadando un parcial de 18-15 no segundo periodo que deixaba un marcador final de 31-29 a favor dos de Carballo que lles permite seguir nos postos de arriba á espera de que se dispute o partido aprazado en Oleiros e o encontro da semana que ven cun dos favoritos ao titulo, os coruñeses do OAR.
Destacar unha vez máis que estes rapaces poden xogar mellor ou peor, ter un bo ou un mal día, pero a sua constancia, entrega e dedicación están sempre presentes, algo esencial de cara a conquerir os exitos futuros que se lles supoñen, tanto a nivel individual coma colectivo.