BM NARÓN 18 – ASESORÍA SUEIRO XIRIA 8

Bm Narón: Jessica, Silvia (8), Nerea (5), Iria (3), Carla (2), Estela, Ainhoa –equipo inicial- Sabela, Camila.

Asesoría Sueiro Xiria: Cris (7), Rosanna (1), Paula, María, Noelia, Florencia –equipo inicial.

Colexiado: O colexiado Alberto Picallo non influiu no resultado.

O Bm Narón derrotou ao Asesoría Sueiro Xiria no primeiro partido de copa (Torneo Delegación Territorial) na categoría infantil feminino para as carballesas. O encontro aínda que pertencente á 4ª xornada marcaba o debut na competición das carballesas posto que as dúas primeiras xornadas foron aprazadas e na terceira tocáballes descansar. O equipo local valeuse da sua maior capacidade técnica e táctica, así como da súa maior antropometría e forza fisica (as carballesas xogan con tres alevins). A desigualdade entre os dous equipo notouse tamén pola maior experiencia das de Narón. Este cúmulo de situacions físicas e técnicas fixeron que as locais demostraran a súa superioridade con moita claridade, aínda que se puideron ver destelos importantes e significativos por parte das de Carballo.

Destacar o xesto deportivo por parte do equipo local que dispuxo xogar con cinco xogadoras de campo máis unha porteira, xa que as bergantiñás só contaban con este número de xogadoras, dada a ausencia de Carolina por enfermidade.

O importante e que as xogadoras do Asesoria Sueiro Xiria vaian collendo sensacións e experiencias no 40×20, sen importar a superioridade do Bm Narón nestes intres, superioridade demostrada unha vez máis con ese marcador final de 18-8.