BM OLEIROS 15 – PROCASA XIRIA 35

Bm Oleiros: Gaspar, Aitor, Baptiste (2), Ernesto (5), Joaquin, Alvaro (5), Daniel -equipoinicial- De Domingo, Exposito (3), Gillermo, Manuel

Procasa Xiria: Alejandro, Luis (4), Brais (6), Iago (5), Joaquín (2), Heitor, Miguel (10) -equipoinicial- Ivan, Jorge (3), Damian, Bisbi, Antón (5).

Colexiados: O colexiado Vicente non influiu no resultado final.

O Procasa Xiria acadou a s vitoria na xornada de copa, e fixoo ante o Bm Oleiros, equipo moi inferior aos rapaces que dirixe Fernando Vázquez e que en ningun momento foi rival para os de Carballo no que poderiamos catalogar como outro partido sen historia.

Dende o primeiro minuto púxose por diante o equipo carballes e non tardou en poñer terra de por medio ata o 6-20 que xa sinalaba o electrónico no descanso. Este contundente resultado nos primeiros vinte e cinco minutos facia ver ben as claras a diferencia entre un e outro equipo.

A segunda parte transcorreu polos mesmos derroteiros. O Procasa batia unha e outra vez a meta rival grazas o xogo no pase e va e aos continuos desmarques sen balon.Asi chegábase ao remate do partido, cunha intesidade e concentracion aceptable pola parte dos de Carballo que lles daba os dous puntos en xogo e un marcador contundente de 15-35.

Destacar a ausencia do xogador de primeiro ano, David García Pichel convocado nesta fin de semana coa selección galega que foi a disputar un torneo na localidade de Briviesca.