Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BM OLEIROS 17 – GARAYSA XIRIA 36

Bm. Oleiros (8+9) 17: Adrián, Héctor, Luis (2), Marcos (3), Bruno (4), Pablo (4), David (4) –equipo inicial- Adrián, Diego, Manuel, Jorge, Sergio. Garaysa Xiria (21+15) 36: Miguel, Óscar (3),…

Bm. Oleiros (8+9) 17: Adrián, Héctor, Luis (2), Marcos (3), Bruno (4), Pablo (4), David (4) –equipo inicial- Adrián, Diego, Manuel, Jorge, Sergio.

Garaysa Xiria (21+15) 36: Miguel, Óscar (3), Diego, Iván (3), Ramón (11), Alberto (1), David (4) -equipo inicial – Néstor (3), Borja (7), Juan, Puente (3), Andrés (1).

Iniciouse a competición do “Trofeo Delegación Territorial” na categoría Xuvenil Masculina, en partido que enfrontou ao Garaysa Xiria co Bm. Oleiros no Pavillón Valle Inclán o domingo pola mañá, o resultado final foi de 17-36 a prol dos carballeses, que xa mandaban no descanso por unha diferencia de 13 goles.

O partido durou dez minutos nos que un parcial de 10 a 2, e ante a presencia física de tan só sete xogadores por parte do conxunto local, permitiu que o Garaysa dispuxese da posibilidade de facer todo tipo de probas no seu xogo, obxectivo principal deste Trofeo que se prolongará ata finais de Decembro e que será antesala da Competición de Liga Territorial.

Destacar a concentración dos primeiros quince minutos que xunto cunha altísima porcentaxe de acertos nas accións de finalización permitiu levar o resto do encontro dun xeito cómodo e no que as diferencias no marcador non deixaron de crecer.

A segunda xornada disputarase en Carballo onde terá lugar o primeiros dos derbis da temporada ante o Bm. Camariñas.