BM OLEIROS 24 – ASESORÍA SUEIRO XIRIA 38
Bm Oleiros (13+11) 24: Iván, Adrian (5), Abel (4), David Rocha (5), Brais (2), Diego, e Pablo (3) – equipo inicial – Luís (5), Víctor, Xerome, Alejandro e Rubén. Asesoría…
Bm Oleiros (13+11) 24: Iván, Adrian (5), Abel (4), David Rocha (5), Brais (2), Diego, e Pablo (3) – equipo inicial – Luís (5), Víctor, Xerome, Alejandro e Rubén.
Asesoría Sueiro Xiria (19+19) 38: Guillín, Ramón (2), Ricardo (2), .Joaquín (10), Manuel (7), Juan (3) e Puente (3) – equipo inicial – Iago (p.s.), Javier (1), Díaz (7) e Norberto (3).
Árbitro: Vicente Pérez. Ben.
Incidencias: Encontro correspondente á 14ª Xornada do Campionato Territorial Norte Xuvenil Masculino disputado no Pavillón Valle-Inclán e Perillo ás 12:00 ante apenas 30 aficionados.
Presentábase o Asesoria Sueiro Xiria para disputar o encontro ante o 4º clasificado da liga, o Epaat Oleiros, coas baixas de Eloy, Óscar e Iván.
Comezo de partido moi igualado no que os locais baseando o seu xogo en continuos desdobramentos e no acerto dos seus dous extremos conseguen manterse preto no marcador ata os minutos finais do primeiro tempo, onde o Xiria apoiandose na súa mobilidade en ataque posicional e nas rápidas transicións vai collendo rendas que medran ata os seis goles ó descanso (13-19).
Nos primeiros compases da segunda metade o Oleiros mantén o tipo mentres os visitantes aumentan a renda paseniñamente ata o momento no que se rompe o partido definitivamente e onde se suceden rápidos contragolpes con ataques posicionais moi curtos. A diferencia disparase e chega o seu máximo no minuto 55 (22-37) e de aí ata o final o partido convertese nun ida e volta cheo de imprecisións.
Os días 7 e 8 de Decembro o Asesoria Sueiro Xiria xoga o 3º Torneo Internacional de Balonmán Concello de Carballo no que se enfronta ó Bm. Cisne de Pontevedra, Caixanova Oar e Ademar León. O vindeiro compromiso ligueiro é o día 17 de Decembro na casa fronte ó Tirso Mosteiro de Poio.