BM PORRIÑO 23 – GARAYSA XIRIA 9
POR PROBLEMAS COA ACTA, NON PODEMOS POÑER AS ALIÑACIÓNS E GOLEADORAS Pésimo partido do Garaysa Xiria fronte ao Porriño, en todos os niveis, tanto en individual e colectivo como en…
POR PROBLEMAS COA ACTA, NON PODEMOS POÑER AS ALIÑACIÓNS E GOLEADORAS Pésimo partido do Garaysa Xiria fronte ao Porriño, en todos os niveis, tanto en individual e colectivo como en defensa e ataque. Xa desde a primeira parte, o conxunto de Edu Orgaz perdiu infinidade de balóns, con pases moi malos. Foi un deses partidos no que nada sae ben, sendo o único positivo o feito de non sufrir ningunha lesión. Nin sequera acertaron as carballesas cos penaltis que lanzaron, a pesar de ter unha porcentaje elevada na liga. En definitiva, un desastre.