Bm. Oleiros:Hector, Luís (1), Marcos (8), Pablo (1), Sergio (6), Flavio (6), David (2) -equipo inicial-Jose, Agra, Bruno, Pedro, Daniel e Samuel.
Ifecgas Preira Xiria: Naya, Óscar (6), Dani, Ivan, Diego (7), Alberto (1), Zas (9) -equipo inicial- Mecias, Boti (2), Andrés ,Borja (1), Néstor e Rodrigo (4).
Colexiados: O colexiado Jose Flores non influiu no marcador final
O Ifecgás Pereira Xiria acadou unha vitoria na visita ó dificil campo dun dos aspirantes a conseguir o titulo ligueiro en categoria cadete,o Bm.Oleiros, por seis goles de diferencia. No descanso o resultado era de 9 – 14 a prol dos carballeses.
Comezou mal o encontro o Ifecgas Pereira, despistado en defensa e poñendolle as cousas demasiado doadas aos lanzadores locais e, sobre todo, ao xogo entre liñas nos desdoblamentos oleirenses. Tanto foi así que o equipo local conseguía unha importante vantaxe nos primeiros minutos (9-4) que facía presaxiar o peor. Pero foi ben distinto o que aconteceu a posteriori: os carballeses sacaron orgullo e garra que se plasmou nunha alta intensidade defensiva. Os de Oleiros xa non eran entón capaces de marcar na meta carballesa e isto contribuía a que o Ifecgas Pereira puxera de manifiesto a sua mellor arma: o contraataque, tanto en segunda como en primeira oleada, para darlle a volta o marcador cun aplastante parcial de 0-10. Así chegouse ao descanso,ca avantaxe dos de Carballo por 9-14.
A volta dos vestiarios e, como era previsible, o Bm. Oleiros impuxo un forte ritmo para achegarse no marcador e tamén algunha treta antideportiva por parte dalgún dos seus xogadores. Pero nada servía xa ante un equipo carballes que seguia facendo o seu traballo correctamente sen caer en nada que lle puidese desconcentrar do seu cometido final, que non era outro que o de levarse a victoria. E así foi, dous puntos importantísimos ante un rival directo e un marcador final mais cómodo do esperado (24-30).
A lectura do partido non deixa lugar a dúbidas, o Ifecgas Pereira debe de impoñerse como punto de partida a alta intensidade e concentración que luciu nalgúns momentos deste encontro. Desa forma poderá competir contra calquer equipo,mentres que si se mostra da maneira que comenzou o partido descúbrese como un equipo endeble e doado de bater.
