BM. OLEIROS 32 – CALVO XIRIA 35
15/12/2007 BM. OLEIROS 32 – CALVO XIRIA 35 Bm. Oleiros (16+16) 32: Samuel, Francisco Javier (8), Javier (1), Peru (3), Miguel (3), Francisco (4) e Óscar (3) -equipo inicial –…
15/12/2007 BM. OLEIROS 32 – CALVO XIRIA 35
Bm. Oleiros (16+16) 32: Samuel, Francisco Javier (8), Javier (1), Peru (3), Miguel (3), Francisco (4) e Óscar (3) -equipo inicial – Manuel, Tabo, David Mariño (7), Adrián (1), José Ramón (2), Rubio e Pablo.
Calvo Xiria (19+16) 35: Quique, Christophe (6), Fernando Vázquez (7), Cuco (2), Chimpo (5), Roberto (7) e Jesús (2) -equipo inicial- Iago, Pablo (6), Alex, Pombo e Manuel.
Árbitros: Pablo León e Angélica Comesaña. Moi ben.
O Calvo Xiria conseguiu a súa segunda vitoria da temporada como visitante tras doblegar ao Oleiros no partido que enfrontou a ambos conxuntos no Pavillón Valle Inclán de Perillo. Os dous puntos permiten ao equipo de Marcos Rodríguez dar un paso máis no seu ánimo de contactar cos equipos de cabeza. Ademais, o trunfo supón para o Xiria un extra de moral, por ser o Oleiros un rival directo nos postos altos da tabla.
Comezou mal o conxunto carballés, situación que aproveitou un motivadísimo Oleiros para irse no marcador nos primeiros minutos. A conexión con Javier en ataque, na posición de pivote, daba conta dos problemas defensivos dun Calvo Xiria que non era quen de parar o goteo anotador dos de Geno. Os problemas defensivos tiñan a súa prolongación en ataque, onde só Chimpo e Fernando lograban bater a Samuel, aínda que en contadas ocasións. Así, no ecuador do primeiro acto o marcador reflexaba un contundente 9-4 para os locais, que poñía contra as cordas a un Calvo Xiria demasiado precipitado e impreciso. A saída de Pablo no centro do ataque dos de Carballo cambiou radicalmente o devenir do encontro. Marcos cambiou a defensa 6-0 por unha 5-1 e o Calvo Xiria comezou a recuperar balóns, provocar os erros do rival, e correr con sentido con rápidas transicións que comezaron a dar os seus froitos. Un parcial de 3-8 en cinco minutos permitía aos de Marcos Rodríguez empatar o partido no minuto 20 (12-12) e dotar o Xiria dunha gran moral para afrontar o último tramo do primeiro acto. O espectacular ritmo que imprimiu o conxunto carballés a partir do empate comezou a asfixiar a un Oleiros que comezou a ter moitos problemas en ataque. Os rápidos contraataques propiciaban que os de Marcos Rodríguez pasaran a comandar o choque e, pouco a pouco, abrir pequenas brechas no marcador que o deixaban cunha vantaxe no descanso de tres goles (16-19). A sensación de que o Oleiros non aguantaría o ritmo dos do Xiria na segunda metade era palpable, polo que todo facía pensar nunha vitoria dos visitantes.
Pero non foi así. O equipo de Geno soubo aguantar no partido e intercambiou golpes na segunda metade cos de Carballo. O Calvo Xiria só puido contar cunha máxima renda de catro goles, mentres que o Oleiros non se daba por vencido e se aproveitaba da precipitación, ás veces, do Calvo Xiria, para achegarse no marcador. Só a maxistral dirección de Pablo, o acerto anotador de Cristophe, e a espectacular actuación de Iago na portería (con dous penaltis parados), cortaban o intento de reacción dun Oleiros que chegou, incluso, a empatar o partido (30-30). O Calvo Xiria soubo entón aguantar a presión e, cun parcial de 0-3, evitaba sufrimentos innecesarios nos últimos minutos, nos que soubo xogar co tempo e coa ansiedade dun rival que, todo hai que dicilo, nunca se deu por vencido.