OAR CORUÑA 38 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 36
OAR Coruña (18+20) 38: Roberto, Mario (8), Carlos (7), Alberto, Yoel (8), Iván, Francisco, Luís (14), Daniel, David, Nicolás, Jorge (1), Jesús, Víctor. Adestrador: Miguel Cillero. Ifecgás Pereira Xiria (17+19)…
OAR Coruña (18+20) 38: Roberto, Mario (8), Carlos (7), Alberto, Yoel (8), Iván, Francisco, Luís (14), Daniel, David, Nicolás, Jorge (1), Jesús, Víctor. Adestrador: Miguel Cillero.
Ifecgás Pereira Xiria (17+19) 36: Guillín, Ángel (7), Ramón (2), Sergio (3), Barreiro, Rubén, Manuel (4), Raúl (3), Hugo (4), Eloi, Alfredo, Zas (9), Adrián, Diego (4). Adestrador: Juan M. Rodríguez.
Colexiado: Jose Mª García. Non influíu no resultado. Ben
Partido intenso e vibrante o que se puido ver no pavillón municipal de San Francisco Xabier da Coruña entre o Oar Coruña e o Ifecgás Pereira Xiria. Partido intenso que se demorou no seu comezo debido á Federación e aos colexiados xa que o árbitro designados para o encontro non asistiu e o árbitro que chamaron para substituilo estaba pitando en Viveiro. Por ese motivo o partido no canto de celebrarse ás 19.30 h comezou case ás 20.30 h (unha hora mais tarde).
Pero a demora valeu a pena, sobre todo, para os locais que cando peor tiñan o partido, con tres goles abaixo a 5 minutos para o remate do partido e con catro homes na pista, rexurdiron das súas cinzas e leváronse o partido. Un partido dominado ata ese momento polo Ifecgás Pereira que puido chegar a ese instante co partido resolto, máis os numerosos erros de lanzamento durante todo o encontro non llo permitiron. Erros de lanzamentos que se xuntaron o final con erros defensivos (4 homes na pista non poden marcar gol), precipitacións innecesarias e nervios. Toda esta mestura puxo o partido nun 36-36 a falta de un minuto para o seu final. Final que rematou cun gol dos coruñeses, unha falta en ataque dos carballeses e unha falta en ataque non pitada dos coruñeses que lle deu definitivamente o partido ao Oar. Xúbilo para uns (remontada) e decepción, gran decepción para outros.
A primeira volta remata cun Ifecgas no quinto posto, despois desta derrota, aínda que en igualdade de puntos co terceiro e cuarto clasificados, e esperando resarcirse a vindeira fin de semana a domicilio fronte o Balonmnán Oleiros B.