BM. PABELLÓN OURENSE 21 – GRUPO LEMACO XIRIA 31

XORNADA 11

12/01/2013

Bm. Pabellón Ourense: 21 (13+08): Gálvez, Buján, L. Álvarez (5), Sánchez (4), M. Álvarez, Peña (4), Rodríguez, Fernández, Garrido (2), Domínguez (4), Bayón, Lozano (1), Feijoo, Barreiro (1).

Grupo Lemaco Xiria: 31 (12+19): Andrés (1), Daniel (2), Iván (6), Gabriel (5), Enrique (6), Lolo (4), Buño, Pereira (3), Rodríguez, Calvo (2), Jorge, Pablo (2), Diego.

Colexiados: Víctor Novoa e Aarón Nieto

Tras o parón do Nadal o Grupo Lemaco Xiria visitaba a cidade de Ourense para enfrontarse ao Balonmán Pabellón, 9º clasificado con 6 puntos. O encontro comezaba cómodo para o Xiria que sen moito esforzo e máis por erros dos rivais que por acerto da defensa, colocaba o 1-5 no marcador tras varios contragolpes directos seguidos.

Visto o arranque do encontro semellaba que ía ser un partido moi doado, pero nada máis lonxe da realidade. O Pabellón comezou a atinar máis nas situacións de lanzamento e a cómoda renda do Lemaco pronto se transformou en empate. O resto da primeira metade foi un quero e non podo dos carballeses, que atacaban sen demasiada intención e en defensa tampouco amosaban a intensidade necesaria para frear a un Bm. Pabellón en racha. Froito de todo isto chegou ao descanso perdendo de un, 13-12.

Sen embargo tras a reanudación puidemos ver no campo a un Xiria totalmente diferente. En defensa o equipo comezou a amosarse máis sólido, os apoios, antes inexistentes, agora chegaban a tempo e coa contundencia necesaria para frear os 1×1 dos locais, que tanto dano fixeran á defensa do Xiria no primeiro tempo. Pero foi en ataque onde o equipo máis mellorou. O xogo lento e falto de intención do primeiro tempo deixou paso á continuidade e a fluidez nas circulacións de balón que puidemos ver no segundo acto, e que o levou a volver a colocarse por diante no marcador, esta vez xa de xeito definitivo ata chegar ao remate do encontro, que arroxou un 21-31 a prol do Grupo Lemaco.

Boa reacción do Xiria, que soubo repoñerse a un mal inicio de encontro e rematou deixando boas sensacións. Agardamos que o equipo vaia aprendendo destes erros e para a próxima, nun complicado encontro na pista do Octavio, saia máis intenso e concentrado dende o asubío inicial.