BM. PABELLÓN OURENSE 22 – GARAYSA XIRIA 41

XORNADA 12

12/01/2013

Bm. Pabellón Ourense: 22 (13+09): Manuel, Raúl Diego, Pablo F. (4), Javier (9), Martín, Carlos, Aarón (1), Miguel (2), Lucas, Daniel (6), J. Manuel, Pablo R.

Garaysa Xiria: 41 (19+22): Arnejo (2), Fran (7), Vila (6), Tito (3), Carlos (8), Xurxo (2), Juanca (9), Antonio, Daniel (1), Brais (2), Ronaldo, Antón (1), Souto.

Colexiados: Elisa Álvarez e Diego Vázquez

O Garaysa Xiria retomaba a competición tras dúas semanas de descanso polo Nadal, e viaxaba ata a cidade das Burgas para enfrontarse ao Balonmán Pabellón Ourense, penúltimo clasificado na táboa con 3 puntos.

O encontro comezaba de cara para os intereses do Xiria que non tardou en colocarse por diante no marcador. A facilidade dos carballeses para acadar situacións claras de lanzamento e a boa efectividade de Vila e Carlos no lado dereito dáballe aos do Garaysa a primeira vantaxe do encontro. Pese a todo a defensa non estaba a funcionar demasiado ben, a falta de intensidade e concentración impediu que o equipo tomara rendas máis amplas e permitiu aos locais, pese a ires todo o tempo perdendo, manterse metidos no encontro durante toda a primeira metade.

Tras a arenga do descanso e aclaradas varias situacións defensivas que non se estaban a resolver correctamente no primeiro tempo, o equipo comezou a segunda metade con outras sensacións, a defensa medrou en intensidade e o Garaysa non tardou en despegar as ás. Con Fran en racha goleadora e a velocidade de Carlos e Juanca nas contras o equipo endosou un parcial de 9-22 nos últimos 25 minutos, poucos goles encaixados e unha gran capacidade goleadora dun Garaysa que volve a acadar outros dous puntos e achégase a tan só unha vitoria do 6º clasificado.

No seguinte encontro os infantís do Xiria reciben ao Bm. Moaña (Domingo 10:30h), pechacancelas da táboa que chega a Carballo con un punto. Agardamos que o equipo siga nesta dinámica tan positiva e pouco a pouco vaia escalando postos na táboa ata rematar no lugar que lles corresponde.