BM.PABELLÓN OURENSE: 22 – E.BM.XIRIA: 42

XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA

BM.Pabellón Ourense: 22 (8+14) Álvaro, Alex (1), Miguel (4), Luis (2), José (5), Andrés (1), Barreiro (4) – Equipo inicial – Raul, Dani (3), Brais, Diego (2), Pablo.

E.BM.Xiria: 42 (22+20): Buño, Alberto(3),Lolo(12), Enrique(11),Iván(4),Diego(4), Julián(5) – Equipo inicial – Dani(1), Jorge, Borja, Antonio, Calvo(2), José, Gabriel.

O equipo de E.BM.Xiria en categoría xuvenil, daba un salto na clasificación este fin de semana, grazas a súa victoria na cidade das Burgas e a derrota do Teuco en Coruña fronte ó OAR. Deste xeito, os de Carballo, pasan a ocupar o carto posto da táboa, lugar privilexiado para afrontar o trámo final da competición.

Os verdibrancos, conseguían unha victoria sinxela contra un Pabellón de Ourense con moitas baixas, nun encontro calcado ao dos cadetes, no que os de Carballo, foron claramente de máis a menos. O envite comenzaba con un Xiria demoledor, un equipo que non daba concesión ó ataque local e que apenas alcanzado ó meridiano, mataba o partido ó contragolpe (2-12). Unha primeira parte moi cómoda para o conxunto bergantiñán que dominou todas as facetas do xogo con absoluta contundencia, pero que comenzou a empeorar nos últimos minutos por mor das precipitacións dos carballeses ante a defensa adiantada e en mixta dos locais.

O partido estaba rematado pola contundencia do resultado da primeira parte (8-22), pero as sensacións, comenzaban a non ser demasiado boas. Na reanudación, a cousa foi de mal en peor e o xogo dos rapaces das Escolas Balonmán Xiria, tornouse demasiado individualiado, tanto na retagarda, como no ataque posicional. Toda a contundencia amosada no primeiro tempo, foise diluindo e o parcial dos primeiros dez minutos do segundo acto, ó reflectía claramente (7-4). Tan só a superioridade dos de Carballo fixo posible a victoria neste segundo tempo (13-18), pero as numerosas perdas de balón e desaxustes na defensa, non deixan lugar a tranquilidade de cara a próximos envites contra rivais, en teoría, de maior entidade.

Este dous puntos deixan aos de Carballo nunha excelente carta praza, a espera do derbi da semana que ven, onde o OAR da Coruña, visitará ó Vila de Noia. A prestacións dos carballeses, a bo seguro que terán que mellorar e moito si queren seguir mantendo o posto da clasificación que nestes intres ocupan.