BM.PABELLÓN OURENSE: 15 – GRUPO LEMACO XIRIA: 35

CADETE DIVISIÓN DE HONRA

BM.Pabellón Ourense: 15 (9+6) Manuel, Diego (2), Feijoo (2), Jesús Pablo (3), Núñez (2), Raul (1), Pablo (3) – Equipo inicial – Fernández, M. Álvarez, David, Juan, Barreiro (2), Martín, M. González.

Grupo Lemaco Xiria: 35 (15+20) Antonio, Carlos(14),Gabriel(7),José(3),Andrés(1),Iván(7), Tito(3) – Equipo inicial – Juanca, Souto, Xurxo, Alberto, Borja, Dani.

Encontro correspondente a xornada número vinte da división de Honra en categoría masculina, no que o Grupo Lemaco actuaba como visitante nun partido que lles enfontaba ó último clasificado, o BM.Pabellón de Ourense, que conta con dous puntos no seu casilleiro. Para os bergantiñáns, tratábase dunha nova final, no seu intento de non despegarse dos postos altos da táboa e na busqueda de poder asaltar a segunda praza ó remate da liga regular.

Os de Xiria, comenzaron o envite facendo da defensa e do contragolpe a súa mellor arma e no posicional, os lanzamentos exteriores da primeira liña, estaban a perforar as mallas locais de xeito sinxelo, de ahí o parcial de 4-1 nos primeiros cinco minutos. Pero, a partires do dez e cando o electrónico sinalaba un 3-7 a favor dos visitantes, o partido tornaríase nun correcalles no que, os erros e as perdas de balón, dominarían os seguintes cinco minutos, para chegar ó meridiano deste tempo cun marcador de 4-7, inda que con peores sensacións para os verdibrancos do que facía presaxiar ó seu bo inicio. Os últimos quince minutos da primeira parte, estiveron cheos de imprecisións por parte de un e outro conxunto e só, o 1-4 de parcial nos últimos cinco minutos, daban un bo colchón os de Carballo cara a a segunda parte (9-15).

Na reanudación, o Grupo Lemaco Xiria firmaría unha das súas peores actuacións dos últimos tempos e só, a pouca resistencia no día de hoxe do Pabellón, permitiría unha cómoda victoria final. A defensa dos carballeses, estivo indolente durante todo o encontro e a escasa contundencia e falla de concentración, levaba a retagarda a sufrir os envistes da primeira liña dos Ourensáns. A contundente victoria, segue a ofrecer a os de Xiria a posibilidade de soñar co obxetivo do segundo posto, pero o pobre xogo demostrado, donde se tiveron ata vinte perdas de balón, fai pensar que para alcanzar esa cota tan alta, as prestacións deben de mellorar e moito nas próximas semanas.

A semana que ven, o conxunto bergantiñán recibe no Vila de Noia ao OAR, no que será un dos derbis da tempada.