Bm. Pabellón Ourense: 28 (14+14): Brais, Samuel (1), Diz (15), Feijoo (4), José (3), Diego (1), Álex (2), Miguel (1) -equipo inicial- Barbosa (1), Garrido, Luís, Giráldez, Pedro, Mateo.
Decoraciones J. Bello Xiria: 42 (22+20): Jorge, Óscar, Julián (9), Alberto (4), Diego (2), Enrique (10), Iván (9) -equipo inicial- Dani, Lolo (6), Miguel, Jorge, Buño, Raúl (2)
Colexiados: Manuel Docampo e Ignacio Obenza.Non influíron no resultado final.
O Decoraciones J. Bello Xiria conseguíu o pasado sábado unha importante vitoria na cidade das burgas. Dous puntos que fan que os de Carballo recuperen a sexta posición na táboa clasificatoria a falta de dúas xornadas para rematar a liga de División de Honra.
Dende o inicio o encontro foi claramente de dominio visitante, os carballeses tomaron o mando e non o deixaron xa en ningún momento. Os xogadores do J. Bello estaban a plasmar sobre o corenta por vinte un balonmán dinámico, moi agradecido visualmente para os afeccionados que se deron cita nas bancadas. Os locatarios mostrábanse impotentes ante as acometidas dos bergantiñáns e non eran quen de bater a portería foránea ante a defensa inexpugnable dos de Xiria. A diferenza coa que o equipo de Carballo se retiraba ao vestiario, xa era ampla e complexa para que puideran remontar os locais, 14-22.
A segunda metade non tivo historia, xa que o Decoraciones J. Bello saíu de novo moi seguro de si mesmo, sen dar lugar á relaxación, controlando en todo momento o ritmo do encontro e a diferenza no marcador. Pouco a pouco foron ampliando a diferenza no electrónico para deixar un marcador no remate do encontro de 28-42.
O próximo partido a disputar polo J.Bello Xiria será o próximo sábado contra o Cisne Bm. O encontro disputarase no Vila de Noia de Carballo o sábado 24 ás 10:30h.
