Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BM PONTEDEUME.ES 24 – PROCASA XIRIA 42

Bm Pontedeume.es: David (2), Prego (5), Kevin (7), Hugo (6), Varela, José (2), Carlos (2) -equipo inicial- Rico, Vargas, Antonio, Pena, Rivas. Procasa Xiria: Martín, Edu (5), Álex (9), Jorge…

Bm Pontedeume.es: David (2), Prego (5), Kevin (7), Hugo (6), Varela, José (2), Carlos (2) -equipo inicial- Rico, Vargas, Antonio, Pena, Rivas.

Procasa Xiria: Martín, Edu (5), Álex (9), Jorge (9), Luís (5), Martín Alfeirán (7), Ruben Anes -equipo inicial- Nogales, Calvete (2), Javi (5).

Colexiados: O colexiado Hector Piñeiro non estivo acertado,pero non influiu no resultado final.

Encontro aprazado fronte ao Bm Pontedeume.es e segundo enfrontamento en menos de vinte e catro horas para os dous conxuntos. Este foi o derradeiro partido da fase de grupos do Trofeo Delegación Territorial”, no que o Procasa Xiria acadou unha sinxela vitoria. Deste xeito o equipo de primeiro ano do Xiria acaba esta fase como primeiro do seu grupo e clasificase para a fase final que se disputará ou o vindeiro 31 de maio ou o 7 de xuño nunha sede por determinar.

A envergadura dos locais era o único que facía dano aos de Carballo que, aínda con todo, eran capaces de roubar innumerables balóns nas accións de “pase e va” que realizaban os eumeses. As posteriores accións de contaataque rematads con acerto polos carballeses poñian xa no intermedio unha diferenza importante no cun abultado 9-24.

A segunda parte seguiu polos mesmos derroteiros, sen máis inquedanza que a de saber de canto sería a diferenza que acadasen os rapaces de Fernando Vázquez. Ao final o marcador foi de 24-42 que deixa aos xogadores do Procasa Xiria no máis alto da clasificación do seu grupo á espera de coñecer ao seu rival nunha das semifinais deste trofeo.

Estiveron ben os rapaces do Procasa, presentando en todo momento, á parte da súa calidade e bo xogo, unha intensidade e loita dignas de destacar, máis se cabe nun partido que resultou tan sinxelo.