Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

IFECGAS PEREIRA XIRIA 25 – OAR CORUÑA 26

Ifecgás Pereira Xiria (17+19) 36: Guillín, Ángel (2), Ramón, Barreiro, Ruben, Fernando (4), Raúl (5), Hugo, Eloy, Alfredo (4), Zas (7), Adrián, Aitor (3), Diego. Adestrador: Juan M. Rodríguez. OAR…

Ifecgás Pereira Xiria (17+19) 36: Guillín, Ángel (2), Ramón, Barreiro, Ruben, Fernando (4), Raúl (5), Hugo, Eloy, Alfredo (4), Zas (7), Adrián, Aitor (3), Diego. Adestrador: Juan M. Rodríguez.
OAR Coruña (18+20) 38: Roberto, Mario (6), Carlos (1), Nicolas, Fernando (1), Alberto (4), Yoel (5), Ivan (3), Daniel L., Daniel A. (6), David, Diego, Francisco. Adestrador: Miguel Cillero.

Colexiado: Iago García e Francisco Soliño. Mal, faltos de compenetración e cunha decisión polémica nos derradeiros segundos que decidiu o partido.

Non puido ser. O Ifecgás Pereira Xiria caeu derrotado no seu último partido de liga ante o Oar da Coruña. Carballeses e coruñeses, terceiros e quintos na liga respectivamente, xogábanse máis que dous puntos, xogábanse estar na fase de ascenso a Primeira Autonómica. Premio que conseguiron levar, finalmente, os coruñeses nos últimos segundos e cunha acción polémica, un claro penalti a favor do Ifecgás Pereira que os colexiados sacaron fora da área e que ben podía ser o empate. Mais non se pode escudar na arbitraxe. Ademais a lesión de Ángel nun nocello durante a primeira metade constituiu outro lastre para o cadro de Carballo.

Con mais corazón que cabeza, con mais ilusión que xogo, o Ifecgás Pereira xogou contra un Oar que levou a dianteira no partido en todo momento con continuas vantaxes no marcador de un, dous e ata tres goles na segunda metade. Froito da feble defensa carballesa que permitiu durante todo o partido que o rival lle lanzase tiros cómodos de 7 e 6 metros. E acompañado dun xogo ofensivo pouco fluído e pouco combinativo, todo o contrario ao que nos tiña acostumado nesta segunda volta de competición. A pesar de todo, os pupilos de Juan M. Rodríguez tiveron opcións ata o final do partido grazas a pequenos destellos de orgullo defensivo dos xogadores e porteiros, istes salvando balóns importantes cara o final do partido. Pero, ao final, o partido e a terceira praza foi para o Oar, ademais da perda da imbatibilidade na casa do Ifecgás que duraba xa unha volta e media.

Con todo, a pesar da desilusión, moi meritoria esta cuarta posición do equipo carballés na súa primeira temporada de andaina.