XORNADA 18
06/02/2010 BM PUERTO CRUZ 39 – CALVO XIRIA 35
Bm. Puerto Cruz (18+21): Angel, Juan (6), Alby (13), Morawe (4), Tarek (5), Rubén (3), Nicolás (3) -equipo inicial – Leandro (2), López (1), Jiménez, Antonio, Marco, Rafael e Javier (2).
Calvo Xiria (13+22): Quique, Cuco (5), Chimpo (3), Alberto (7), Pablo (9), Christophe e Dubra (3) -equipo inicial- Iago, Jesús, Manuel (6), Ángel, Zas, Iván e Ramón (2).
Colexiados: Srs. Coello e Villar (colexio canario)
Parciais: 5-1, 6-3, 9-6, 10-9, 14-12, 18-13, 21-17, 23-18, 25-23, 28-29, 32-31, 39-35
Non puido traer nada positivo do desprazamento a Canarias o Calvo Xiria e segue sen conseguir puntuar no que vai de segunda volta. Xa no descanso mandaba o conxunto do Puerto Cruz por 18 goles a 13, que se convertiu nun marcador definitivo de 39 a 35 logo dunha segunda metade xogada a un altísimo ritmo por parte dos dous conxuntos.
Comezou o partido con unha importante diferenza para os locais que no minuto sete xa ganaban por seis goles de renda, baseándose, sobre todo, nas perdas de balón no contraataque carballés e na gran actuación do porteiro local. Pouco a pouco limou a desventaxa o Xiria que chegou a empatar a dez goles, pero dúas exclusións nos derradeiros cinco minutos aproveitounas á perfección o Puerto Curz para chegar ao tempo de lecer cunha renda de cinco goles. De novo a falta de continuidade no xogo do Calvo durante os primeiros trinta minutos foi un lastre contra o que tivo que loitar durante toda a segunda metade. Pola contra Alby e Morawe non tiñan ningún problema para ir acadando goles que subían no marcador a prol dos porteños.
A segunda metade disputouse a un ritmo altísimo e o equipo que estivo máis atinado nos minutos finais levouse os puntos. Logo de ir recurtando as diferenzas e chegar a porse por diante, 28-29 no minuto cincuenta, a ansiedade e falta de concentración impediron que os carballeses completaran a remontada e se levasen algo positivo.
O Calvo Xiria necesita disputar un partido coa mesma intensidade do segundo tempo en Redondela ou en Canarias durante os sesenta minutos para voltar a atoparse coas sensacións positivas que tiña durante a primeira volta da liga, e de seguro que deste xeito voltarán os bos resultados.