DCR SEIS DO NADAL COIA 35 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 19
DCR Seis do Nadal Coia 35 (18+17): Ángel, Abraham, David, Alberto, Adrián, Gabriel, Víctor -equipo inicial- Diego, Guillermo, Ramón, Manuel, Óscar, Aarón, Rodrigo. Non podemos ofrecer os goles locais xa…
DCR Seis do Nadal Coia 35 (18+17): Ángel, Abraham, David, Alberto, Adrián, Gabriel, Víctor -equipo inicial- Diego, Guillermo, Ramón, Manuel, Óscar, Aarón, Rodrigo. Non podemos ofrecer os goles locais xa que os árbitros non os reflectiron na acta do encontro.
Ifecgás Pereira Xiria 19 (11+8): Naya, Brais (2), Iago (6), Jorge Viñas, Antón (4), Dani (2), Miguel (5) -equipo inicial- Bisbi, Jorge Docampo, Martín, David Álvarez, Adrián, David García.
Colexiados: Non soemos entrar a valorar a actuación arbitral, pero neste caso debemos facer unha excepción para resaltar a excelente labor arbitral dos internacionais cataláns Carlos Luque e Ignacio Pascual.
O Ifecgás Pereira Xiria visitaba, na 15ª xornada de liga na División de Honra Cadete, a pista de un dos equipos máis potentes da competición, o DCR Seis do Nadal Coia.
O equipo carballés comezou o encontro cunha boa intensidade, parecía un equipo totalmente diferente ao que se enfrontara o pavillón de Ourense hai só sete días. A forte defensa e a actitude que se vían non tiñan nada que ver coas de aquel partido, e iso era bo para os visitantes. De todos modos, todos sabían que o partido ía ser moi longo e que había que manter a concentración de xeito permanente, dado o nivel do rival. Así foi, e coas paradas do porteiro e a calidade dos xogadores de Vigo, estes mantiveron cómodas vantaxes ao longo de toda a primeira metade. No descanso o marcador xa reflectía un 18-11 para os de Coia.
A reanudación foi máis clara para os vigueses e mentres ían transcurrindo os minutos notábase o cansancio e a falta de efectivos no Ifecgás Pereira, xa que Álex Zas estaba co equipo senior en Tenerife e David García non xogaba pola suas molestias no abductor. O marcador parecía que definitivamente ía favorecer aos do Sedona, xa que gañaban por dez goles de diferenza e a distancia aumentaba cada vez máis. A pesar do avultado do resultado final, 35-19, a imaxe dada polos bergantiñáns foi moito mellor que a da semana pasada, aínda que naquel encontro se conseguira a vitoria.
Tras os resultados desta xornada aprétase a clasificación na zona media e baixa da táboa debido ao trunfo do Bm Pabellón Ourense sobre o Promalar Cangas. Estes últimos serán, precisamente, os próximos rivais do Ifecgás Pereira Xiria nun encontro que se disputará no pavillón cangués do Gatañal o vindeiro domingo 14, ás 12.00 h, nun importante encontro para ambos equipos.