Bm. Viveiro: Sergio, David ( 1 ), Ángel ( 1 ), Alejandro ( 3 ), Cora ( 1 ), Villares ( 1 ), Eduardo ( 2 ) – equipo inicial – Trasancos, Rubén, Rey, Diego, López, Adrián.
Asesoría Sueiro Xiria: Iago, Cristophe ( 8 ), Joaquín ( 6 ), Gonzalo ( 4 ), Óscar ( 1 ), Aitor ( 6 ), Javier ( 3 ) – equipo inicial – Manuel ( 2 ), Diego ( 2 ), Iván, Anxo ( 1 ), Eloy ( 1 ).
Colexiado: O colexiado Sr. Pérez non tivo complicacións nun partido fácil de dirixir.
O Asesoría Sueiro Xiria acabou a primeira volta invicto tras se impor o Bm. Viveiro por un abultado 34 a 9. Xa no tempo de lecer a diferencia era definitiva, 5 – 15.
Fácil partido para o cadro carballés que dende o pitido inicial marcou diferencias insalvables para o cadro viveirense. A pesar de seguir manifestando importantes lagoas no apartado ofensivo a intensidade defensiva amosada polo cadro do Asesoría Sueiro foi máis que suficiente para acadar esta cómoda victoria. Partido a partido amosa o Xiria un maior nivel defensivo e agardamos que pouco a pouco solucione o seu ataque para chegar a parte decisiva da liga no millor momento da tempada.
A vindeira xornada comenza a segunda volta da liga provincial que levará o cadro carballés a Pontedeume.