Bo encontro do Garaysa Xiria ante o Bueu

Xornada 11 da división de honra infantil masculina; que pon fin á primeira volta.

O Garaysa Xiria moi mentalizado en conseguir os dous puntos para seguir aspirando ao máximo nunha apertada clasificación; fíxose coa vitoria despois de realizar un partido moi completo.
No inicio do partido; a sólida defensa do Garaysa mantivo aos visitantes cun gol en 5 minutos e collendo as rendas do encontro a través da velocidade de balón; chegaba a primeira vantaxe no marcador. Mantivo a intensidade aos longo dos primeiros 25 minutos; e sentenciaba o partido cun 20 a 9 ao descanso.
Na segunda parte; os dous equipos dedicáronse a probar diferentes aspectos do xogo, para próximos compromisos.
A próxima semana; non hai competición debido á concentración das seleccións galegas. Polo que ata o día 2 de decembro non veremos de novo en acción ao Garaysa Xiria.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Ceip Fogar ante un centear de seareiros de ambos conxuntos. Colexiado: Manuel Portals do colexio galego.

GARAYSA XIRIA 42 ( 20 + 22 ): Mateo Pallas [p], Darío Calviño [p], Andrés García (8), Ángel Viña (1), Esteban Puñal (6), Julián García (6), Martín Fuentes (12), Miguel Goimil (2), Juan Martín (4), Alberto Suárez (3).

BUEU SERVISUB A 24 ( 9 + 15 ): Borja Blanco (4), Abel Pastoriza (1), Pablo Soage (4), Iago López (5), Denis Iglesias (1), Marco Rivas, Iván Ríos (2), Brais Cerviño (3), Víctor Cestay, Xavi Fernández (4)