Bo encontro do Laber Xiria antes do sector nacional

Tan só faltan cinco días para que o Laber Xiria xuvenil estréese no campionato de España, grupo A do sector nacional que se celebrará no pavillón Vila De Noia de Carballo. Os verdinegros non poden chegar con mellores sensacións, despois de imporse no derbi do pasado Sábado ao BM.Artabro completando un bo encontro.

O conxunto bergantiñán conseguíu unha nova vitoria nun derbi, fraguada nuns primeiros minutos repletos de intensidade defensiva e velocidade en todas as accións do xogo. As recuperacións dos dous últimos lesionados, Dani García e Enrique Pena e a aparición nos entrenos efectuados ao longo da semana, é a mellor noticia para un equipo carballes que afrontará a cita nacional con ilusión.

O vendaval local comezou desde o minuto uno e un 4-1 de parcial no primeiros cinco minutos obrigaba aos de Coruña a solicitar o seu primeiro tempo morto. A defensa dos de Xiria angustiaba ás individualidades dos xogadores do Artabro, rozando case sempre o pasivo nas súas accións de ataque, con poucas ideas, grazas á ferrea labor da retagarda verdinegra. O contraataque funcionaba á vez que o 5:1 defensivo e no ataque posicional a mobilidade de todos os xogadores e a velocidade imprimida á circulación do balón, conseguía boas opcións de lanzamento para os de Carballo. Un baixón de intensidade a partir do meridiano e algunha perda de balón por parte dos xuvenís locais, posibilitaba que os foraneos achegaranse no marcador cando remataba o primeiro acto.
O electrónico reflectía un 19-15 no tempo de descanso que deixaba todo por decidir na continuación, aínda que a diferencia todavía era comoda para os de casa.
Foi no segundo tempo cando os de Xiria remataron definitivamente o envite, apoiados nun ritmo alto de xogo e esperando que chegase o esgotamento do seu rival, que non tardou en aparecer. Ao final, un cómodo 37-27 que deixa aos de Carballo con moi boas sensacións cara á fase do campionato de España do próximo fin de semana.
Xiria Laber: 37 (19+18). Dani Buño, Dani García (5), Gabriel Castiñeiras (6), Diego Gago (3), Manuel Rial (4), José Pereira (3), Iván Calvo (10)-Equipo Inicial-Antonio Mato, Andrés Barca (1), Alex Figueroa, Borja González, Borja Rodríguez, Damián Rodríguez (5),Tito.
BM.Artabro: 27 (15+12). Javi, Barreiro, Eirikson (5), Miguel, Ignacio, Antón (7), Giráldez (7), -Equipo Inicial-Manuel (4), Iago (1), Jorge (2), Yago (1), Marqués, Domínguez, Canle, Angel.
Árbitros: Pablo González e Cesar Carballo. Excluiron con dous minutos a Iván Calvo (2) e Borja Rodríguez (2) polos locais e a Jorge polos visitantes.
Resultado cada 5´: 4-2, 8-6, 11-8, 14-10, 15-13, 19-15-Descanso-23-16, 26-17, 28-18, 31-20, 34-23, 37-27.
Incidencias: Partido dá 3ª xornada da Copa Federación en categoría xuvenil nasculino celebrado no Vila de Noia de Carballo ante a presenza de cincuenta espectadores.

Clasificación:

juves copa 3 jornada