Bo partido do Calvo Xiria para superar ao Bm Saeplast Cañiza

Unha primeira parte na que o Calvo Xiria foi superior, pero que grazas á achega da portería local, o partido quedou para resolver nos segundos 30 minutos; onde un cambio defensivo por parte do Cañiza, serviu para igualar as forzas. Ao final, o Calvo Xiria levou unha vitoria que lle permite seguir mirando facía diante.

Empezaba o choque, cos dous equipos medindo as súas forzas. A igualdade mantívose ata o minuto 11, os de Carballo, a través da súa defensa, impoñíanse sobre o 40×20, os contraataques e a velocidade do xogo, á que estaba a someter ao seu rival, non se reflectía do todo no marcador, que a pesar de ir por diante, a gran actución do porteiro local nesta primeira metade, permitiu chegar con vida ao Bm Cañiza (11 a 14).

Na continuación, todo por decidir. Cambiou o sistema defensivo o Balonman Cañiza; pasando de 6:0 a 5:1. Tardaron uns minutos en axustarse e o marcador disparouse ata o 13 a 18. Pero do minuto 40 ao 46,o Xiria, atascouse en ataque, e custoulles uns cuantos balances defensivos, con protagonismo para o pivote de Cañiza, que fixo dano nos esvaramentos. Pasou a fochanca o Xiria, co 19 a 20 no marcador, volveu ao que mellor sabe facer. Defensa e contraataque claves para sentenciar o encontro. Dous puntos máis nunha liga moi igualada.

BM Saeplast Cañiza 24 – Calvo Xiria 27

BM Saeplast Cañiza (13+17): Miguel Guedes, Miguel Couñago (1), Jesús Lago (4), Pablo González, Isma Lago (2), Martín Dávila, Alejandro Pereiro (3), Jesús Veiga, Pablo Martínez (2), Martín Alferirán, David Costa (3), Daniel Vicente (1), Xosé Canedo (3), Javier Bernárdez (5), David Chao.

Calvo Xiria (16+17): Iago [p], Antonio [p], Cristian Canosa (2), Gabriel Castiñeiras (1), Julián López, Brais Puñal (2), Fran Rey, Daniel Mallo (1), Chimpo Rodríguez (4), Juan Carlos Rodríguez (8), Manu Méndez (1), Jorge Bouzas (6), Alejandro Gómez, Adrián Losón, Edu Cousillas (2).

Árbitros: Dario Ceballos e Javier Madruga.

Incidencias: Partido correspondente á décimoctava xornada do Grupo A de a Primeira Estatal disputado no pavillón municipal da Cañiza, ante uns 300 afeccionados.