Hierros Varela Urbieta Xiria 30 – Arteixo Maruxía Asesores 23 (13-12)
Comezaba a xornada matinal deste domingo co Hierros Varela Urbieta vencendo e convencendo diante do Arteixo Maruxía Asesores, na que era a primeira xornada da segunda volta da Liga. Difícil compromiso ante un equipo que loitou durante todo o encontro, complicando as cousas aos locais na primeira metade e véndose dobregado polo maior orden defensivo do Xiria.
Era unha boa ocasión para que os arteixáns se enganchasen ao grupo que loita pola clasificación, pero un Hierros Varela Urbieta que foi a máis co paso dos minutos, soubo parar o ataque do rival e xogar con paciencia os seus ataques. As perdas de balóns en ataque do Xiria facían que o Arteixo volvese unha e outra vez a meterse no partido durante a primeira metade, 13 a 12 ao descanso.
Amosouse máis atinado e gustouse o equipo local na segunda metade, ataques longos buscando as mellores opcións de lanzamento, e sobre todo seguridade na circulación de balón ante a defensa adiantada do rival. A variedade de movementos no ataque carballés desbordaba a defensa do Arteixo, o marcador íase distanciando ata ese 30 a 23 final
Hierros Varela Urbieta Xiria 30 (13): Julio Ferreiro e Pedro Pena (porteiros) Carlos Varela 4, Aaron Rodríguez 5, Manuel Rama 1, Fernando Mallo 4, Xurxo Díaz, Pablo Esmorís 4, Javi Rodríguez 2, Franco Rial 6, Paulo Collazo e Toni Calvelo 4.
Arteixo Maruxía Asesores 23 (12): Manuel Otero (porteiro) , Iago Prieto 1, Henrique Gabriel 13, Luis Vázquez 1, Manuel Gómez 3, Brais Trillo 1, Iker Giarbide 1, Nicolás Vázquez 1, David Gómez e Brais Blanco 2.
Arbitraron: Christian García e Carlos Calvar, sen complicacións