Boa primeira parte do Garaysa Xiria para conseguir a vitoria fronte ao Bm Chapela

Xornada 16 na división de honra infantil masculina. Partido que enfrontaba ao Garaysa Xiria e ao Bm Chapela en Carballo. Desde o inicio do encontro deixaba claro o Garaysa Xiria que non ía permitir sorpresas e buscaba os dous puntos pola vía rápida. Desde o traballo defensivo e a subida ao contraataque adquiría cómodos vantaxes; que irían en aumento a medida que pasaban os minutos. Ao descanso chegábase cun claro 20 a 9.

Na continuación, o Garaysa Xiria relaxaríase en demasía o que permitío ao Bm Chapela manter as diferenzas. A semana que vén partido de altura en Pontevedra contra o Cisne Bm, dous equipos que marchan nos postos altos unicamente con dúas derrotas cada un na tempada.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila de Noia ante un centear de seareiros Colexiado: José Henrique Folgoso do colexio galego.

GARAYSA XIRIA 25 ( 14 + 11 ): Mateo Pallas [p], Andrés García, Ángel Viña, Esteban Puñal, Julián García, Martín Fuentes, Miguel Goimil, Alberto Rodríguez, Juan Martín, Alberto Suárez, Samuel Veiga, Pedro Porteiro.

BM CHAPELA 22 ( 9 + 13 ): Xoel Fernández, Pablo Álvarez, Yago Raimundez, Jorge Fonseca, Rubén Conchoucho, Ángel Pérez, Iker Rodríguez, Hugo Alonso, Jorge Domato, Adri Cerqueira, Gabriel Iglesias, Xacobe Mullek, Ivor Rodríguez.