BUEU AT. BM. 39 – ASESORÍA SUEIRO XIRIA 39

Bueu: José, Moisés ( 4 ), David ( 19 ), Juan ( 6 ), Aitor ( 1 ), Daniel ( 3 ), Abel ( 6 )- equipo inicial – Mauro, Iván, Gonzalo, Alfonso, Héctor, Borja, Carlos.

Asesoría Sueiro Xiria: Iago, Cristophe ( 5 ), Joaquín ( 8 ), Gonzalo ( 10 ), Jesús ( 6 ), Aitor ( 3 ), Javier ( 4 ) – equipo inicial – Manuel ( 2 ), Diego ( 1 ), José Luis, Iván, Eloy, Anxo, Oscar.

Colexiado: O colexiado Sr. Gotilla influiu dun xeito determinante no marcador final.

O Asesoría Sueiro Xiria so conseguiu un dos dous puntos en xogo no desplazamento a Bueu nun partido que rematou con empate a 39 goles, no descanso perdía 19 a 18.

Mal partido o disputado polos carballeses que non tiveron un bo día en ningunha faceta do xogo, e do que so se poden salvar os primeiros dez minutos así coma os derradeiros tres. Comenzou ben o Xiria impoñendo a sua defensa e un ataque no que a velocidade ca que se transmitía o balón era suficiente para acadar situacións de lanzamento moi favorables. Mais a partir do minuto dez, cunha renta de catro goles a favor, os xogadores do Asesoría Sueiro desapareceron do encontro e foron a remolque do Bueu durante corenta e cinco minutos, caendo en continuos erros en ataque debidos a xogar andando que propiciaban fáciles contragolpes do rival. A defensa era un poema, por parte dos dous conxuntos.

Cando faltaban tres minutos o Bueu tiña tres goles de ventaxe e balón en posesión, e foi no momento no que os carballeses retomaron o seu xogo en ataque e unha defensa presionante que permitiu empatar o partido.

Con trinta segundos por xogar tomou a responsabilidade o Sr. Colexiado que mandou parar o reloxo do marcador, na primeira metade foi ata o derradeiro segundo e co sonido do seu claxon supuxo o fin dos trinta primeiros minutos, para ser él o que marcase directamente o final do encontro. A posesión era favorable o Xiria e coincidindo co lanzamento que acabou en gol o Sr. Goitia deu por finalizado o encontro e “casualmente” o lanzamento quedou invalidado. Tamén podemos por no debe do colexiado a non sinalización de seis claros sete metros cometidos en lanzamentos dos extremos carballeses.

En resume, si o Asesoria Sueiro Xiria quere aspirar a conseguir algún éxito nesta fase debe de mellorar a sua defensa e sobre todo a concentración durante os sesenta minutos.