IFECGAS PEREIRA XIRIA 25 – O.A.R. CAIXANOVA 24

Asesoría Sueiro Xiria: Naya, Zas ( 8 ), Dani, Néstor, Pombo ( 1 ), Diego Puente ( 2 ), Diego López ( 3 ), Ramón ( 7 ), Andrés ( 1 ), Juan, Iván ( 1 ), Caamaño, Rodrigo (2), Oscar.

O:A:R: Caixanova: Roberto, Luís ( 15 ), Martín ( 6 ), Juan ( 1 ), Jonathan ( 1 ), Nesterov, Anxo, Alejandro, Jacobo, Andrés, Yago, Alvaro, Ismael, Fernando.

Despois da vergoñenta derrota do equipo carballés a pasada semana no Pavillón da Grela fronte ao Camariñas por un contundente 16-22 e que pon en serios apretos ao Ifecgas Pereira Xiria para acadar o primeiro posto da clasificación, visitaba Carballo o O.A.R. Caixanova, outro dos equipos implicados na loita polo título territorial. Nesta ocasión a actitude dos rapaces de Fernando Vázquez foi ben distinta e cunha alta intensidade defensiva e un xogo serio en ataque mandou no electrónico durante todo o encontro, nunca con vantaxes amplas pero dando sempre a sensación de que os dous puntos irían a parar ao peto dos carballeses. O equipo coruñés pecou demasiado do xogo individual do seu lateral esquerdo e non foi quen de poñer en apretos ao xogo colectivo do Xiria.