BUEU ATL BALONMÁN 19 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 32

Bueu Atl. Bm: 19 (13+6): Otero, Vidal (3), Iglesias (5), Acuña (5), Novás (2), Piñeiro (1), De la Torre (1) -equipo inicial- Gallego (1), Villegas, Castro (1), Domínguez

Ifecgás Pereira Xiria: 32 (16+16): Zúpez, Álex (1), Miguel (3), Jorge Bouzas (6), Martín (8), Javi (3), Rubén Gómez (4) -equipo inicial- José, Viñas, Dani, Mario (1), Calvete, David (5), Edu (1).

Colexiados: Pérez Fernández e Fernández Costa.

Partido sinxelo para os de Carballo o que disputaron o Ifecgás Pereira Xiria e o Bueu Atl. no Municipal da localidade pontevedresa, no que os visitantes puxeron de manifesto a súa superioridade.

Comezaron os carballeses defendendo forte e con intensidade e correndo ao contraataque, tal e como a eles lles gusta. Isto fixo posible que as distancias foran cómodas nos primeiros minutos, pero o Bueu, lonxe de darse por vencido, reaccionaba e acercábase no electrónico. Nada facía pensar que os de Xiria puideran temer pola vitoria final, xa que a superioridade no xogo era evidente e as diferenzas movíanse entre os tres e catro goles, aínda que isto último non daba posibilidade á relaxación. No descanso o marcador reflectía un 13-16 para o Ifecgás Pereira pero aínda quedaba moito que batallar para levarse os dous puntos en xogo.

Na segunda metade o Ifecgás Pereira mantiña as diferenzas nos primeiros minutos, pero no meridiano da reanudación o equipo local acurtaba a distancia ata a mínima expresión, sobre todo pola boa actuación do porteiro Otero. Lonxe de poñerse nerviosos, os carballeses apretaron o acelerador e bastáronlles dez minutos para facer un parcial de escándalo que deixaba o marcador final en 19-32.

O equipo de Carballo conta os seus partidos por vitorias e segue na súa senda de ambicionar os postos máis altos da táboa clasificatoria.

A vindeira fin de semana, os carballeses xogarán no Vila de Noia de Carballo fronte ao Atl. Novás. O encontro disputarase o domingo 20 ás 12:15 h.