LA ROSALEDA 1997 BM. LALÍN 31 – GARAYSA XIRIA 25

La Rosaleda 1997 Bm Lalín: Óscar (4), Antonio (6), Uxío (3), Xabier (7), Jonathan (2), Alejandro (4), Fernando, Diego, Eduardo (4), Iván, Javier, Alejandro, Pedro (1), Lucas

Garaysa Xiria 25: Manuel, Carlos (2), Gabriel (5), Iván (4), Álex (1), Arnejo (1), Eiroa (1), Borja (1), Juanca (5), Xurxo (1), Pereira (4), Souto

Os infantís do Xiria viaxaban, nesta ocasión, ata terras do Deza para enfrontarse ao Bm Lalín, nun partido que, tal e como se presumía, foi igualado en canto ao nivel de xogo amosado por ambos equipos. Sen embargo non estiveron acertados cara ao gol os xogadores carballeses, ata 12 erros en situacións claras de lanzamento só na segunda metade. Con ese balance non se pode plantar cara a un rival do teu nivel.

Malia á mágoa do resultado o Garaysa amosou no campo do que é capaz. Xogou toda a primeira metade de ti a ti con momentos nos que superaba con claridade o xogo do Lalín, encadeando boas defensas que se traducían en claros contragolpes, pero logo de facer ben o máis difícil cometíanse erros no máis doado, como en pases sen opoñentes, lanzamentos claros contra o porteiro. E iso era o que lle daba a vantaxe ao Bm Lalín.

Tras o descanso os xogadores saíron coa fe posta en que ía rematar a mala sorte cara a portería, pero nada máis lonxe, xa no comezo da segunda metade o Xiria erraba 5 lanzamentos consecutivos dos seus exteriores case dende a zona lateral. O Lalín aproveitou a situación para coller varios goles de vantaxe que ían crecendo co paso dos minutos, xunto coa negatividade dos xogadores do Garaysa que cada vez vían a m do Lalín máis pequena e ao seu porteiro máis grande.

Na recta final do encontro, e co resultado máis que sentenciado, cunha diferenza de 11 goles a prol dos locais, o Garaysa tirou de orgullo e volveu a ruxir para meterlle o medo aos locais que viron como o Xiria recortaba diferenzas de forma rápida. Pero xa era demasiado tarde e o Xiria caía vítima dos seus propios erros.

A vindeira fin de semana o Garaysa Xiria recibe a visita, sábado ás 10.30 h no Vila de Noia, do Balonmán Ártabro.