BUEU ATLÉTICO 34 – VIPECÓN XIRIA 43

Bueu Atlético 34(17+17): Yeray, Pablo (4), Eloy (18), Iván (3), Castro (4), David (3), Dani (1) -equipo inicial- Pablo (1), David, Marcos, Sergio, Iago, Simón, Otero.

Vipecón Xiria 36 (19+24): Bisbi, David (8), Miguel (7), Brais (6), Iago (9), Damián (2), Antón (8) -equipo inicial- Martín (2), Mario, Ricardo (1),Iván Lorenzo, Iván Eiroa, Heitor.

Colexiados: Pablo Portela e Alba Currás. Cometeron bastantes erros que perxudicaron aos dous equipos, pero non tiveron influencia no resultado final.

Importantísima a vitoria conseguida polo Vipecón Xiria na sétima xornada da División de Honra Cadete. Os de Carballo conseguían doblegar a domicilio ao Bueu Atlético, un dos equipos que estaban nons postos altos da clasificación, por 34-43.

O equipo carballés tivo un complicado inicio de liga, xogando contra os equipos fortes do campionato, pero xa mostrara a súa calidade, traballo, entrega, intensidade e o seu caracter competitivo neses encontros. Estes factores foron os que os levaron a estar preto do teunfo en varios dos partidos complicados. E foron os mesmos que amosou o Vipecón para impoñerse ao equipo de Bueu. O inicio de partido do Vipecón Xiria foi espectacular, os seus ataques e contraataques en segunda oleada falaban dun equipo maduro, organizado e vistoso, en ocasións impropio da idade dos rapaces. As defensas non existiron por parte de ningún dos dous equipos, aínda que os de Carballo tiñan momentos nos que estaban acertados nesta tarefa. Os visitantes colleron vantaxe dende o inicio e mantiverona durante todo o encontro, inda que sempre se tratase de diferencias mínimas dada a calidade do rival. O público alí presente estaba sendo participe dun excelente espectáculo que prometía moito máis cara á segunda metade, xa que no descanso o marcador reflectía un axustado 17-19 a prol dos bergantiñás.

A reanudación foi vibrante e chea de tensión. Os locais facían unha defensa mixta sobre o xogador carballés David, pero o resto do equipo demostraba estar moi metido no partido e o equipo seguía a gozar de esas pequenas vantaxes no marcador. Nos derradeiros minutos, un encadeamento de boas defensas e a colaboración co porteiro facilitaban que o Vipecón Xiria aumentara a distancia progresivamente no marcador ata conseguir unha ampla distancia que xa foi insalbable para os de Bueu que caían derrotados por ese contundente 34-43.

O vindeiro domingo o Vipecón Xiria recibe ás 10.30 h na pista da Zona Escolar á EM Camariñas, no que será o segundo derbi da temporada pois os caballeses xa se impuxeran ao camariñáns na fase previa.