8/1/2004 9ª XORNADA
PROCASA XIRIA: Néstor (porteiro), Pombo, Zas (8), Barreiro (3), René, Brais, Diego (10), Rodrigo (1), Iván (2), Mecías, Óscar (2) e Andrés (4).
Encontro moi sinxelo para o Procasa Xiria fronte a un feble rival. Os carballeses están a ser moi superiores a tódolos seus rivais gañando con contundencia e moita solvencia. A dura defensa e os rápidos contraataques en segunda oleada foron as principais bazas do cadro carballés. Na portería Néstor e Álex Zas están a suplir perfectamente ó lesionado Álex Naya que xa leva un mes de baixa por unha fisura no nocello.
Parciais: 2-14 / 3-10 / 2-11 / 3-9
