C.B. Tech. Pontedeume 16 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 32

30/03/2004 17ª XORNADA

C.B TECNOVIDEO PONTEDEUME 16 : Andrés, Cristian, Unay(7), Enrique, Pablo, Emilio(5), Santiago(2), Bruno, Diego(2), Alejandro.

IFECGAS PEREIRA XIRIA 32: Rodrigo(8), Cristophe(5), Rubén(1), Anxo(2), Aitor(10), Gonzalo(4), Iván, Javi(1), Iago, Alejandro(1).

Importante triunfo do Ifecgas Pereira Xiria ante o Pontedeume que o mantén no liderado da clasificación a falta dunha xornada para a conclusión da liga.

A primeira metade foi a máis igualada, xa que a defensa do equipo carballés non era capaz de axustarse e recibían goles con demasiada facilidade, sobre todo dende a zona do lateral esquerdo e do pivote. Aínda así conseguíase chegar ó descanso con vantaxe no marcador 9-12, gracias sobre todo a que en ataque si se estaba bastante acertado.

Na segunda metade o panorama cambiou por completo. A defensa carballesa funcionou á perfección, o que se traducía en rápidos contraataques que unha e outra vez remataban en gol. Ademais en ataque posicional seguíase xogando ben, o cal fixo que as diferencias no marcador fosen aumentando ata o 16-32 final.
O vindeiro sábado xogarase a derradeira xornada de liga. O Ifecgas Pereira Xiria enfrontarase ó Tirso de Molina ás 12:00 da mañá no pavillón da zona escolar.