Caixanova O.A.R.: Roberto, Carlos ( 2 ), Nicolás ( 2 ), Jesús ( 4 ), David ( 2 ), Adrián ( 4 ), Xoel ( 5 ) – equipo inicial – Víctor, Alberto ( 3 ), Fernando, Luis ( 5 ), Jorge, David, Javier.
Asesoría Sueiro Xiria: Iago, Cristophe ( 7 ), Joaquín ( 8 ), Gonzalo ( 4 ), Óscar, Aitor ( 7 ), Javier ( 2 ) – equipo inicial – Manuel ( 1 ), Diego, José Luis, Anxo, Eloy.
Colexiado: O colexiado Sr. Flores foi ecuánime durante corenta e cinco minutos, nos derradeiros quince amosouse caseiro de máis.
O Asesoría Sueiro Xiria acadou a clasificación para matemática para o Campionato Galego tras se impor o Caixanova OAR por dous goles.
Partido vibrante pero de moitas imprecisións por parte dos dous conxuntos que sabían da importancia do resultado final e no que se xogaban, sobre todo por parte do OAR, bastantes opcións de acadar o paso a fase rexional.
Dende o primeiro intre tomou ventaxa no marcador o cadro carballés que chegou ó descanso con ventaxa por 16 a 15 goles. Na segunda metade non variou a tónica ata os quince derradeiros minutos nos que o cadro carballés acadou diferencias de catro goles. Foi este o momento no que puido romper o partido, pero a labor do colexiado, correcto ata ese momento, meteu de novo o Oar no encontro, mais o saber estar do Asesoría Sueiro foi suficiente para acadar un resultado positivo.
Avindeira xornada disputarse o xoves día 22 no Pavillón da Zona Escolar as 19:30 horas. O rival será o Oleiros, encontro no que os carballeses teñen que acadar dous novos puntos para achegarse a un novo título provincial.
