CAIXANOVA OAR 36 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 45
Caixanova Oar (16+20) 36: Miguel, Javier (3), Rodrigo, Angel (14), Jorge (4), Julio, Gonzalo (8), De la Torre (5), Sergio (2), Adrián, Alberto. Adestrador: Abel Valcarcel. Ifecgas Pereira Xiria (22+23)…
Caixanova Oar (16+20) 36: Miguel, Javier (3), Rodrigo, Angel (14), Jorge (4), Julio, Gonzalo (8), De la Torre (5), Sergio (2), Adrián, Alberto. Adestrador: Abel Valcarcel.
Ifecgas Pereira Xiria (22+23) 45: Chou, Damián, Ricardo, David (12), Heitor (8), Ivan, Joaquín, Miguel (10), Bisbi, Luis (9), Jorge (6). Adestrador: Juan M. Rodríguez.
Colexiados: José Mª García Cortizo e Pablo Méndez Pérez. Discutidos.
Encontro aprazado da sexta xornada da liga provincial infantil masculina. Partido que enfrontaba no Pavillón Municipal San Francisco Xabier aos dous equipos invictos no campionato.
O partido que parecía ser dos mais interesantes do campionato entre os dous rivais máis fortes ata o momento levouno o equipo de Juan M. Rodríguez, que dende o comezo do partido xa comezou a marcar as pautas cunha axfisiante defensa 3:3. Isto axudado duns rápidos contrataques en primeira e segunda oleada e dun eficaz e, por momentos, algo individualista ataque estático fixo que os carballeses acadaran un renda máxima de sete goles culminada por un 5-0 de parcial no cénit da primeira parte. Renda coa que se hobese chegado ao remate da primeira métade se os árbitros e unha rara mesa non fixeran desaparecer algún gol.
Na segunda métade un Ifecgás moi metido no partido continuou co seu xogo, moi eficaz en ataque pero non tanto en defensa, como se pode ver no resultado final. O equipo carballés chegou ata os 45 goles, os 9 de diferenza (aínda que en fase do partido tivo mais), pero tamén concedeu moitos goles, 36, froito do intenso partido que tivo que disputar, por primeira vez no torneo.
Con este resultado os carballeses destácanse na primeira posición da táboa clasificatoria.