IFECGAS PEREIRA XIRIA 48 – PROCASA XIRIA 21
Ifecgas Pereira Xiria (24+24) 48: Chou, Damián (6), Ricardo (4), David (7), Heitor (9), Iván, Joaquín (3), Miguel (9), Bisbi, Luis (3), Jorge (7). Adestrador: Juan M. Rodríguez. Procasa Xiria…
Ifecgas Pereira Xiria (24+24) 48: Chou, Damián (6), Ricardo (4), David (7), Heitor (9), Iván, Joaquín (3), Miguel (9), Bisbi, Luis (3), Jorge (7). Adestrador: Juan M. Rodríguez.
Procasa Xiria (12+9) 21: Ruben, Anes Luís, Nogales (4), Eduardo, Javier (2), Rubén Lamas, Jorge (6), Carlos, Calvete (3), Martin Alfeirán, Álex (6), Martín Gomez. Adestrador: Fernando Vázquez.
Colexiados: Enrique Taboada e Hector Piñeiro. Sen problemas. Ben
A primeira xornada da segunda volta do campionato provincial infantil masculino deixou un novo derbi carballés entre o Ifecgás Pereira Xiriria, formado por infantís de segundo ano, e o Procasa Xiria, formado polos infantis de primeiro ano.
Partido que rematou, como era previsible, con vitoria do Ifecgás pereira. O encontro comezou co equipo de Fernando Vázquez moi metido no partido que cunha presión abafante en defensa e cun ataque moi veloz e con continuos movementos de xogadores que atopaban porta con claridade. A pesar de todo o Ifecgás foi marchandose, pouco a pouco, no marcador cunha desacertada defensa e cun lento e cansino ataque, pero a maior experiencia e físico marcaron as diferenzas.
Na segunda metade o Ifecgás Pereira sacou a relucir o seu orgullo e empezou a mostrar o porqué do seu liderato na clasificación. Comezou a parar as acometidas dos seus veciños mais pequenos, empezou a correr os contrataques en primeira e segunda oleada e a dar algo mais de mobilidade e continuidade no seu ataque estático (xa eran mais ailladas as accións individuais). Todo iso elevou mais as diferenzas no marcador.
Unha xornada mais o Ifecgás Pereira seguirá invicto e líder, e xa van oito xornadas, mentras o Procasa Xiria seguirá nos postos altos, a pesar de ser o seu primeiro ano na categoría, e coa terceira posición a tan só un punto.