Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

CAIXANOVA OAR 41 – OAK ENGLISH XIRIA 28

Caixanova Oar (22+19) 41: Ignacio, Jesús (8), Ismael (6), Andres (6), Angel (4), Ruben (1), Marcos (3), Angel Bugueiro, Gonzalo (8), Juan (3), Kevin (2). Adestrador: Abel Valcarcel. Oak English…

Caixanova Oar (22+19) 41: Ignacio, Jesús (8), Ismael (6), Andres (6), Angel (4), Ruben (1), Marcos (3), Angel Bugueiro, Gonzalo (8), Juan (3), Kevin (2). Adestrador: Abel Valcarcel.

Oak English Xiria (15+13) 28: Naya, Barreiro, Iago, Zas (8), Brais (1), Martín (3), Miguel (4), Bisbi (1), David (6), Antón (3), Jorge (2), Alberto, Ivan (1). Adestrador: Juan M. Rodríguez.
Colexiados: José Mª Garcia Cortizo y David Diez Angulo. Moi discutidos.

Partido aprazado da sexta xornada da liga territorial cadete masculina. Acudía o Oak English Centre ao Pavillón San Francisco Xabier da Coruña igualado a puntos co equipo anfitrión na segunda posición da táboa clasificatoria.

O equipo coruñés, moito máis metido no partido e máis convencido da vitoria, fíxose finalmente cos dous puntos en xogo. Xa de saída os rapaces de Juan M. Rodríguez encaixaron un parcial de 13-4 nos primeiros 15 minutos, barreira que xa sería insalvable. Un OAR ao que lle saía todo e un Xiria que na defensa daba moitas facilidades e no ataque estrelabase unha e outra vez co porteiro, coa defensa e cunha dubidosa arbitraxe. A pesar disto un tempo morto do adestrador visitante tranquilizou as mentes dos seus pupilos e comezaron a xogar como eles saben acadando un parcial ao seu favor de 11-9 na segunda metade deste primeiro acto, parcial que era insuficiente para a remontada pero importante para subir a moral do equipo e buscar esa remontada no segundo tempo.

Continuar con ese xogo co xogo parecía unha clara consigna para o Oak English. Pero o guión non foi o desexado para o equipo de Juan M. Rodríguez. O equipo, que comezou ben a segunda metade, empezou a cometer os erros da primeira parte, erros que foron axudados por un discutido arbitro que non mirou polo mesmo raseiro as accións nunha e outra área, erros axudados por unha mesa que sacaba e poñia goles, que paraba e emprendia o tempo cando lle viña en gana. Todo isto descentrou ao equipo que a mediados da segunda metade perdía de 10 goles grazas a un catro cero de parcial conseguido polos coruñeses nestes turbios minutos. A partir de aquí todo foi coser e cantar para un Oar que aguantou ben as acometidas do Xiria e incluso elevou mais a súa vantaxe ata os 13 goles.