EM CAMARIÑAS 10 – PUNTA DEL ESTE XIRIA 16
EM Camariñas: María, Alicia (2), Carolina, Nieves (2), Yennifer (2), Noelia (2), Aitana (2) -equipo inicial– Carla, Yenni Carril, Leticia. Punta del Este Xiria: Sara, Tamara (4), Belén, Aida (8),…
EM Camariñas: María, Alicia (2), Carolina, Nieves (2), Yennifer (2), Noelia (2), Aitana (2) -equipo inicial– Carla, Yenni Carril, Leticia.
Punta del Este Xiria: Sara, Tamara (4), Belén, Aida (8), Patricia (2), Cris (1), Carolina (1) -equipo inicial- Rosanna, María, Lorena, Alba
Colexiados: Os colexiados Manuel Docampo e Alfonso Canitrot estiveron un tanto despistados neste partido,pero non influiron no marcador final.
O Punta del Este Xiria conseguiu a súa primeira victoria de liga no inicio, aínda que en encontro pertencente á segunda xornada, da liga provincial cadete feminina nun partido no que a nota dominante foi a igualdade ao longo dos sesenta minutos ante un equipo batallador, como soen ser os equipos de Camariñas, aínda que non exentos de calidade nos súas xogadoras.
A primeira parte transcurreu con alternativas por parte dos dous equipos no marcador, onde as defensas impoñianse aos ataques. Isto propiciou o resultado tan curto que presentaba o electronico no descanso, un 5-7 favorable as rapazas de Carballo.
Na reanudación as bergantiñás sairon moito máis centradas e deixaron os nervios e a ansiedade na caseta. Isto que propiciou que a forte defensa e os rápidos contraataques deran unha marxe no marcador de tres e catro goles ao longo da segunda metade que fixo posible xogar de forma máis tranquila e levando os tempos do partido.
A partir de aquí as de Carballo fixéronse amas do encontro e sobre todo do ritmo de xogo, plasmando un parcial de 5-9 no segundo periodo que deixaba un marcador final de 10-16 a prol das rapazas que dirixe Fernando Vázquez.