CAIXANOVA OAR 46 – PROCASA XIRIA 19

Caixanova Oar: Miguel, Julio (5), César (10), Sergio (2), Angel I. (9), Gonzalo (10), Angel P -equipo inicial- Jaime, Rodrigo, Jorge (5), Adrián (5), Alberto.
Procasa Xiria: Miguel, Álex (5), Rubén Anes (1), Rubén Gómez (8), Martín Alfeirán (3), Eduardo (1), Calvete -equipo inicial- Martín Gómez, Jorge Bouzas, Javi (1).
Colexiados: O colexiado José I. Pereira Navaza non estivo acertado, aínda que non influiu no marcador final.

O Caixanova Oar derrotou ao Procasa Xiria en partido aprazado da liga provincial infantil. O equipo local valeuse da sua maior antropometría e forza fisica, asi como da sua maior experiencia para impoñerse con claridade ao equipo de primeiro ano do Procasa Xiria.

De calquera forma, os de Carballo, cun equipo xustiño, dada a ausencia de varios dos seus compoñentes por lesións e vacacións, foron quen de intentar xogar e facer un bo balonmán ante un dos mellores equipos da liga, superior en idade e en envergadura e chamado a loitar polo campionato.

Non encontraba o seu xogo o Procasa na primeira parte e os coruñeses mostrabanse intratables. Ao descanso chegábase cunha renda de dezaoito goles a prol do OAR, 25-7.

Na segunda metade os xogadores do Procasa saironn con máis desparpaxo e mantiveron a igualdade ata a metade da reanudación, sen ter en conta o cansanzo e amosando a calidade que posúen. O partido, de calquera xeito, foi moi sinxelo para os de Coruña dada a sua superioridade.

Moi destacable como sempre, ademais da calidade individual dos pequenos de Carballo, a súa competitividade, intensidade, entrega e humanidade como grupo. Con isto estan chamados a ser grandes xogadores e a facer moitas cousas na base do balonmán galego.