Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

TECNIFONT BM. NARÓN 36 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 38

Tecnifont Balonmán Narón (19+17) 36: Adriano (6), Juan (7), Daniel (6), Alberto (3), David, Jacobo (4), Javier, Justo (1), Pablo (1),, José (4), Diego (4), César. Adestrador: Carlos Piñeiro. Ifecgás…

Tecnifont Balonmán Narón (19+17) 36: Adriano (6), Juan (7), Daniel (6), Alberto (3), David, Jacobo (4), Javier, Justo (1), Pablo (1),, José (4), Diego (4), César. Adestrador: Carlos Piñeiro.

Ifecgás Pereira Xiria (14+24) 38: Guillín, Ángel (6), Sergio (9), Barreiro, Rubén, Fernando (12), Hugo (1), Eloy, Alfredo, Zas (3), Adrián, Aitor (5), Diego (2). Adestrador: Fran del Valle.
Colexiados: José Pérez e Alberto Pcallo, sen complicacións.

Penúltima xornada da liga na 2ª autonómica na que o Ifecgás Pereira Xiria se xogaba gran parte das súas posibilidades de rematar na terceira praza da clasificación e clasificarse para disputar a fase de ascenso.

O conxunto carballés, dirixido nesta ocasión por Fran del Valle xa que Juan M. Rodríguez atopábase co equipo xuvenil en Pontevedra, non comezou ben o encontro. A súa defensa 6:0 era moi feble e o Bm Narón anotaba de maneira moi doada en case todos os seus ataques. No ataque, aínda que os carballeses gozaban de situacións claras para anotar, cometían numerosos erros no lanzamento, chegando incluso a errar tres lanzamentos de sete metros nesta primeira metade. Todo isto propiciou que se chegase ao descanso con cinco goles de vantaxe a prol dos de Narón, 19-14.

Na reanudación o partido continuou polos mesmos derroteiros, con un Xiria que seguía a cometer os mesmos erros, o que propiciou que no minuto 10 desta segunda metade o Bm Narón conseguise escaparse cunha vantaxe de 8 goles, 22-14. A partir dese intre todo cambiou, o Ifecgás Pereira Xiria trocou a súa defensa 6:0 por unha 5:1 e comezou a defender mellor, a roubar balóns e a sair ao contrataque en numerosas ocasións que, case sempre, finalizaban en goles carballeses. A falta de 5 minutos para o remate os carballeses xa conseguiran nivelar o partido e o Bm Narón non foi quen de parar o aluvión do Xiria neses últimos minutos. Non dispoñemos da acta para dar os datos de goleadores pero hai que destacar a na faceta anotadora ao lateral carballés Fernando García que marcou 12 goles.

Agora queda unha autentica final para o Ifecgás Pereira Xiria que se xogará a clasificación a vindeira fin de semana, en cancha carballesa, ante o OAR na derradeira xornada da liga. A este encontro chegan os de Carballo con un punto de vantaxe sobre o OAR, únicos dous equipos que optan á terceira praza, co que un empate sería suficiente para que o Xiria acompañe a Lugo e Pontedeume como representantes da Territorial Norte (da Territorial Sur serán 5 equipos) na fase de ascenso á 1ª Autonómica.