CALFONCAL LAVADORES 28 – CALVO XIRIA 24

30/09/2006 CALFONCAL LAVADORES 28 – CALVO XIRIA 24
Calfoncal Lavadores: Daniel, Mario (2), Francisco (2), Iván (7), Iago (3), Abel (7) e Fernando (4) –equipo inicial- Óscar, Isaac, Pablo, Bruno (2), Javier, Luis (1) e Celada.
Calvo Xiria: Quique, Alberto ( 9 ), Fernando (1), Hernán, Mario (3), Aitor (3) e Javi Zas ( 3 )–equipo inicial- Iván, Christophe (3), Pombo (1), Pablo, Cuco (1) e Queco.

Colexiados: Jesús Pedrido e Alicia Centeno. Irregulares, aínda que sen influir no resultado final.

O Calvo Xiria sumou a súa primeira derrota da tempada fronte ao Calfoncal Lavadores, na segunda xornada de liga en 2ª Nacional. O resutado ao descando era de 17-12 para os locais.

Só aguantou o Calvo Xiria no partido no tramo inicial da primeira metade. Ben apoiado por Quique na portería, o conxunto de Marcos Rodríguez comenzou mandando no marcador grazas ao bo facer de Javi Zas no centro do ataque e unha boa circulación de balón, que sobrepasaba unha e outra vez a endeble defensa local. Os erros desde os seis metros no ataque verdibranco deron vida a un Lavadores que, pese ao seu frouxo arranque, conseguiu manterse no partido. A primeira exclusión de Hernán, no ecuador do primeiro acto, ía a ser o punto de inflexión no xogo do Calvo Xiria. O equipo carballés descompúxose e o Lavadores comenzou a abrir brecha no marcador. A defensa nunca soubo frear as conexións co pivote Iván quen, con sete tantos, foi decisivo para a victoria local. Aos problemas en defensa pronto se lle comenzaron a sumar os do ataque. O porteiro Dani erixiuse na figura indiscutible de Lavadores, con innumerables paradas que desgastaron psicolóxicamente aos lanzadores visitantes.

A imaxe do Calvo Xiria non cambiou na segunda metade e o Lavadores aproveitouno para sentenciar o partido nos primeiros minutos. Ben dirixido por Bruno no centro do ataque, o equipo local seguiu abrindo brecha no marcador ata chegar aos nove goles de diferenza. O Calvo Xiria seguía atopándose con Dani nos seus ataques e, no bando local, Abel levaba o peso con claras accións de tiro desde o lateral. A diferenza estabilizouse nos sete goles o só a aportación de Iván baixo paos, unido ás tres exlusións que viron os xogadores locais nos últimos minutos, permitiron ao Calvo Xiria reducir a diferenza ata os catro goles finais. Un mal menor que, vendo o desenvolvemento do partido, pode ser decisivo nunha liga que se antoxa moi igualada.

Pese a non influir no resultado final, os colexiados do encontro castigaron ao Calvo Xiria con oito exlusións ao longo de todo o partido, por só tres no bando local. Curiosamente, as tres exclusións do Lavadores tiveron lugar nos últimos tres minutos de partido.

A vindeira semana o Calvo Xiria recibe no Pavillón Municipal da Zona Escolar ao Artai Poio, un equipo que aínda non puntuou tralas dúas primeiras xornadas disputadas.