CALFONCAL LAVADORES 41 – ASESORÍA SUEIRO XIRIA 30

Calfoncal Lavadores (24+17) 41: Iago, Javier (11), Saúl (5), Bruno (8), Rubén (2), Alejandro (3) e Daniel (3)– equipo inicial – Diego (p.s.), Miguel (1), Pablo (1), Pedro (1), Rivas (2), Jorge (1) e David (3).
Asesoría Sueiro Xiria (12+18) 30: Guillín, Díaz (5), Juan (3), Ramón, Óscar (2), Ricardo (6) e Puente (2) – equipo inicial – Iago (p.s.), Manuel (8), Norberto (2) e Boti (2).
Árbitro: Angelica Comesaña e Patricia Del Río. Ben.
Incidencias: Encontro correspondente á 10ª Xornada do Campionato Galego Xuvenil Masculino disputado no Pavillón Municipal de Lavadores en Vigo ás 12:00h. Boa entrada con 250 espectadores nas bancadas.

O Xiria visitaba ao Lavadores, líder da competición e que dependía de si mesmo para ser campión galego. Para iso debían derrotar aos carballeses no derradeiro encontro da Liga Galega e así acadar o primeiro título autonómico en categoría xuvenil masculina da súa historia. O Xiria acudía a esta cita coas baixas de Javi Viqueira e Iván Amarelle por sendos procesos gripais, a de Joaquín que se resentiu o sábado no partido de 2ª Nacional da súa lesión no pulso e a de Eloy por motivos persoais, e habería que unir a de Ramón, que aos doce minutos de partido tivo que abandoar o terreo de xogo debido a unha indisposición e non puido voltar a el.

Con este panorama o Xiria vía moi mermadas as súas posibilidades no encontro. Na primeira parte os locais saíron dispostos a non pasar apuros para asegurar o campionato e pasaron como unha apisoadora ante a feble defensa visitante. O resultado fala ben ás claras do acontecido (24-12).

No segundo tempo o Xiria mellorou, sobre todo en defensa e plantoulle cara aos vigueses. Cun parcial de 8-12 nos primeiros vinte minutos melloraron en moito a imaxe do primeiro tempo e non deron mostras de renderse en ningún momento da segunda metade, amosando unha actitude que de terse dado na primeira parte, o resultado houbese sido distinto. Os carballeses acabaron impoñéndose no computo do segundo parcial (17-18) e o Lavadores celebrando o título de campións galegos.

Deste xeito o Asesoria Sueiro Xiria remata a Liga Galega deste ano.