CALVO XIRIA 24 – VIVENGAL SÁRDOMA 21

16/09/2006 CALVO XIRIA 24 – VIVENGAL SÁRDOMA 21
Vivengal Sárdoma: Cristian, Fernando, Iago (1), Donato (8), Martín (2), Amador (4), Borja (3) – equipo inicial – David, Abel, Diego, Martín, Luís (3), Aitor.

Calvo Xiria: Iván, Cuco (1), Fernando (8), Queco (1), Cristophe (4) Aitor, Javi Zas (4)– equipo inicial – Quique, Hernán (2), Mario (2), Pablo (1), Manuel (1) y Jesús.

Colexiados:

O Calvo Xiria acadou unha nova victoria fronte ao Sárdoma no encontro de volta da primeira eliminatoria de Copa. Os tres goles de diferenza reflicten a igualdade do encontro, que chegou ao descanso co resultado de 12-12. No choque de ida, o Xiria gañara xa por cinco goles.

O Calvo Xiria nunca atopou o ritmo do partido fronte a un rival que creiu na remontada a medida que avanzaban os minutos. Os dous equipos intercambiaron ataques de éxito nos primeiros compases do choque fronte a defensas, sobre todo a local, que daban moitas facilidades aos tiradores. Fernando e Javi aguantaban en ataque ao Xiria no marcador, mentres que Donato conseguía perforar unha e outra vez a portería defendida por Iván. Coa ventaxa adquirida no partido de ida, o Calvo Xiria caiu na relaxación e provocou un primeiro tempo morto no ecuador do primeiro acto no bando local. As consignas de Marcos Rodríguez non deron os seus froitos e o partido continuou polo mesmo camiño ate o final da primeira parte, á que se chegou con empate a 12 tantos.

A segunda parte foi, se cabe, peor ca primeira. Os colexiados permitiron ao Sárdoma levar o partido ao seu terreo e as continuas exclusións –oito no bando local- impediron ao Calvo Xiria ter continuidade no seu xogo. Atascado en ataque, aínda que cunha lixeira mellora na defensa, os locais non tiveron nunca ocasión de despegarse no marcador, que reflexou moita igualdade ate os compases finais do partido. A falta de 3 minutos, o resultado era de empate a 21 goles, situación que resolviu o equipo de Marcos Rodríguez cun parcial de 3-0 comandado por Cristophe, para deixar o marcador final en 24-21. Fernando Vázquez, con 8 goles, foi o xogador máis destacado na faceta anotadora dos locais, ben secundado por Javi Zas e Cristophe. Ante as baixas de Chimpo e Dubra, o adestrador carballés deu minutos aos xuvenís Manuel e Jesús.

O Calvo terá que traballar noas vindeiras semanas para conseguir adaptarse á nova categoría. O criterio arbitral, moi distinto ao de Primeira Nacional, está a resultar un inconvinte nestes primeiros partidos da tempada. Neste encontro fronte ao Sárdoma quedou demostrado, unha vez máis, que o grado de concentración e traballo ten que ser o máximo para conseguir resultados positivos.

Agora a competición copeira suspéndese ata finalizar a Liga e será no mes de abril cando se reanude. O Calvo Xiria terá como rival na seguinte eliminatoria ao Artai Poio, eliminatoria que se disputará a partido único na pista carballesa.

O Calvo Xiria debutará na liga o vindeiro sábado fronte ao Pontedeume no Pavillón Municipal da Zona Escolar, a partir das 17,00 horas.