Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

CALVO XIRIA 25 – BM. PUERTO CRUZ 26

XORNADA 12 13/12/2008 CALVO XIRIA 25 – BM. PUERTO CRUZ 26 Calvo Xiria 25 (10+15): Quique, Cuco (2), Borja (2), Jesús, Pablo (2), David (6) e Dubra (6) -equipo inicial-…

XORNADA 12

13/12/2008 CALVO XIRIA 25 – BM. PUERTO CRUZ 26
Calvo Xiria 25 (10+15): Quique, Cuco (2), Borja (2), Jesús, Pablo (2), David (6) e Dubra (6) -equipo inicial- Iago, Alex, Angel (3), Chimpo (2), Manuel, Gonzalo (2) e Bruno.

Bm. Puerto Cruz 26 (16+10): Blas, Arndt (8), Edgar (1), Albi (9), Nico, Marco (4), Peri -equipo inicial- Juanmi (1), Victor (3), Dani e Achaman.

Colexiados: Sres. Gómez Salamanca e de Vicente Rubio.

Parciais: 1-2, 3-5, 6-7, 7-9, 8-13, 10-16, 12-17, 14-18, 15-20, 18-21, 22-25, 25-26.

Tropezo do Calvo Xiria na súa casa ante o Bm. Puerto Cruz que se levou os dous puntos en xogo do Pavillón da Zona escolar tras acadar a victoria por 25 – 26, no descanso o resultado era de 10 – 16, nun partido de non moita calidade.

De novo dez minutos de mal xogo bastaron para chegar co partido moi costa arriba ao tempo de lecer. Un parcial de 3 – 7 nos derradeiros dez minutos de xogo da primeira metade servíronlle ao equipo canario para romper un partido que comezou con dous equipos moi intimidados pola súa situación na táboa e no que as defensas e as contribucións dos porteiros era o máis destacable.

A segunda metade foi un intento continuo de rebaixar a diferenza no marcador por parte dos carballeses, que froito do aumento das súas prestacións defensivas en colaboración ca aportación da portería pouco a pouco ían acurtando distancias. Mais a mesma intensidade facíalle cometer moitos erros na saídas en contraataque que impediron ao final conseguir nada positivo neste encontro.