Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

CALVO XIRIA 25 – PEGUFORM SAR 28

28/10/2006 CALVO XIRIA 25 – PEGUFORM SAR 28 Calvo Xiria: Quique, Joaquín (2), Pablo (3), Hernán (2), Javi Zas (3), Aitor (3) e Cristophe (2)–equipo inicial- Iván, Pombo (1), Cuco…

28/10/2006 CALVO XIRIA 25 – PEGUFORM SAR 28
Calvo Xiria: Quique, Joaquín (2), Pablo (3), Hernán (2), Javi Zas (3), Aitor (3) e Cristophe (2)–equipo inicial- Iván, Pombo (1), Cuco (1) e Fernando Vázquez (8).
Peguform SAR: Óscar, Manel (3), Eduardo (3), Alejandro Ron (6), Francisco José, Pablo e Luis Ron (4) –equipo inicial- Paulino, Ricardo (2), Agustín (2), Gustavo (3), Castro, Ballesteros e Rubén (5).
Colexiados: Piñón e Goitia. Regular, aínda que sen influir no resultado final.
O Calvo Xiria sumou a súa primeira derrota no Pavillón Municipal da Zona Escolar, terceira da temporada, fronte á SAR de Redondela na quinta xornada de liga en 2ª Nacional. O resutado ao descanso era de 16-14 para os carballeses.

A fluidez no ataque permitiu ao Calvo Xiria comandar o partido durante toda a primeira parte fronte a un rival que se atopou, xa desde o principio, cun inspirado Quique na portería local. A defensa 5-1 volviu a permitir rápidas transicións en ataque por parte do equipo de Marcos Rodríguez, que puido lograr unha maior ventaxa de non errar claros lanzamentos desde os seis metros. A aportación do visitante Alejandro Ron permitiu á SAR manterse no partido no primeiro acto e, pese a ir sempre a remolque no marcador, non deixou que o Xiria tivera máis de tres goles de renta ao seu favor.

Unha exclusión local ao principio da segunda parte permitiu aos visitantes dar a volta ao marcador nos primeiros dous minutos, logrando unha igualdade que se mantería ata ben avanzado o partido. Ningún dos dous equipos era capaz de distanciarse do rival e o Calvo Xiria non soubo aproveitar os bos minutos que fixo en defensa, mediada a reanudación, para irse no marcador. As imprecisións en ataque e a boa actuación de Paulino baixo paos, que chegou a desesperar a un desacertado Joaquín, fixeron que os visitantes colleran unha ventaxa de dous goles na recta final do partido. Nin a fantástica actuación de Iván na portería do Xiria serviu para que os locais pudieran sumar, cando menos, un punto. O Calvo Xiria dispuxo dun par de accións para situarse a un gol nos últimos minutos, pero a precipitación no ataque, motivada pola xuventude do equipo, impedíu calquer atisbo de remontada. Un gol de Alejandro Ron, no último minuto, selaba o definitivo 25-28 no marcador.

Para colmo de males, Fernando Vázquez non puido terminar o partido con molestias no xemelo, a mesma zona dañada que lle impediu disputar os dous últimos partidos de liga. A vindeira semana o Calvo Xiria visita o Pavillón do Rasoeiro, no Grove.