CALVO XIRIA 26 – B.M. OSUNA ARGANDA DEL REY 24

O Calvo Xiria comezou a liga cunha sufrida victoria ante o B.M. Osuna, nun encontro no que os carballeses non estiveron ó seu mellor nivel pero á fin o marcador reflectiu un suficiente 26-24 que fixo vibrar os preto de 500 seareiros que se achegaron ó pavillón.

Co adestrador na grada, por mor da sanción imposta no último partido da pasada tempada, e coa dirección tutelada do delegado de equipo, arrincaban os primeiros minutos da nova campaña nos que os de Barrios cometían numerosos erros tanto en defensa coma en ataque. A falta de xogo colectivo e a precipitación propiciaban os continuos contraataques visitantes que mandaron no electrónico durante toda a primeira metade indo á caseta con 11-14.

Logo das indicacións do descanso, a actitude local mudou radicalmente e en dez minutos a forte defensa exhibida propiciou a remontada. Aínda así os madrileños non se deixaban vencer e as diferencias seguían a ser mínimas. Ó remate, os que menos erros cometeron levaron os dous puntos.

Aliñacións

Polo Calvo Xiria: Xurxo, Marcos ( 4 ), Fernando ( 4 ), Quique ( 4 ), Jordi ( 6 ), Martín ( 1 ) e Mario ( 4 ) – equipo inicial – Víctor, Javi ( 1 ), Suso ( 1 ), Ofi ( ), Alberto ( ), Pablo ( ) e Tom ( 1 ).

Polo B.M. Osuna Aranda del Rey: Estrada, Antonio ( 5 ), Sevilla ( 6 ), David ( 2 ), Óscar ( 5 ), Roberto ( 5 ) e Molina ( ) – equipo inicial – Álvaro, Serrano ( ), Miguel ( ), Jaime ( ), Sergio ( 1 ) Nacho ( ) e Pablo ( ).

Marcador cada 5 minutos: 1-2 / 4-6 / 7-7 / 7-8 / 9-11 / 11-14 / 14-16 / 18-17 / 19-20 / 21-21 / 23-23 / 26-24

Os colexiados Sandra Lorenzo e Vicente Pérez, se cadra pola inexperiencia, non tiveron unha tarde moi acertada e foron moi protestados polos dous equipos. Agardemos que lle saian mellor as cousas en vindeiros compromisos.

ACTA Nº: 2.002-2.003.04.02.01.01

Temporada 2.002-2.003
Fase 04 PRIMERA ESTATAL MASCULINA
Grupo 02 GRUPO «A»
Jornada 01 – JORNADA 01
Partido 01 – PARTIDO 01
Fecha 28-09-2002
Hora 19:00
Resultado 26 – 24
Arbitros 2250 SANDRA LORENZO RODRIGUEZ
2249 VICENTE PEREZ OTERO