CALVO XIRIA 27 – BM OLEIROS 21
11/11/2006 CALVO XIRIA 27 – BM OLEIROS 21 Calvo Xiria: Quique, Cuco (3), Fernando Vázquez (4), Cristophe (2), Aitor, Joaquín (3) e Javi Zas (3)– equipo inicial – Iván, Pombo…
11/11/2006 CALVO XIRIA 27 – BM OLEIROS 21
Calvo Xiria: Quique, Cuco (3), Fernando Vázquez (4), Cristophe (2), Aitor, Joaquín (3) e Javi Zas (3)– equipo inicial – Iván, Pombo (2), Pablo (3), Hernán (2), Queco (1), Manuel (4) e Chimpo.
Bm Oleiros: Samuel, David, Mariño (1), Óscar (2), Iván (7), Daniel Argüeso (4) e Jacob- equipo inicial – David Taboada, Daniel (1), Manuel (2), Adrián (1), e Casal (3).
Árbitros: Pedrido e Gómez. Sen complicacións.
O Calvo Xiria sumou unha nova victoria fronte ao BM Oleiros en Carballo, en encontro pertencente á 8ª xornada de liga en Segunda Nacional. O resultado ao descanso era de 17-11.
O Calvo Xiria comezou a encarrilar o partido dende o primeiro minuto, coa xa habitual defensa 5-1 que permitiu facer rápidas transicións en ataque nos primeiros compases do choque. Un parcial inicial de 3-0 deixaba ás claras as intencións do equipo carballés, que nunca deu opción a un Bm Oleiros que deu unha pobre imaxe no Pavillón Municipal da Zona Escolar. Carente de ritmo en ataque e demasiado permisivo en defensa, o conxunto visitante deu moitas facilidades a un Calvo Xiria no que tódos os xogadores tiveron protagonismo, por encima de accións individuais. Os de Marcos Rodríguez foron aumentando a diferencia no marcador a medida que pasaban os minutos, chegando aos sete goles de renda no tramo final do primeiro acto.
A segunda parte baixou en canto a ritmo e calidade a ambos conxuntos alternaron demasiadas imprecisións en ataque. O Calvo Xiria non tivo problema para manter a renda adquirida na primeira metade e, incluso, chegou aos oito goles de diferencia (25-17). O Bm Oleiros intentou a reacción cun cambio na defensa, cunha mixta sobre Fernando Vázquez e Javi Zas, que non deu os seus froitos. O protagonismo recaiu entón nos xuvenís Joaquín e Manuel, ademais de Pombo e Cristophe, moi acertados no un contra un na aberta defensa visitante. Hai que destacar, igualmente, a magnífica aportación de Iván na portería na segunda metade, que impediu ao Bm Oleiros meter presión ao Calvo Xiria no marcador.
A boa noticia para o Calvo Xiria foi a convocatoria de Chimpo, logo de estar parado varios meses por unha lesión na man. O xogador carballés non xogou durante o partido e saíu co tempo cumprido a lanzar un penalti na última acción do choque. Desafortunadamente, David Taboada adiviñoulle as intencións.
Temos que desmentir a noticia que dabamos onte coa fichaxe de Óscar Patiño polo Oleiros, foi todo unha bromiña que nos quixo gastar, e colounola de feito, o ex-porteiro do Xiria.