CALVO XIRIA 27 – VIÑA COSTEIRA 31

14/04/2007 CALVO XIRIA 27 – VIÑA COSTEIRA 31
Calvo Xiria (7+20) 27: Iván, Queco, Cuco (1), Hernán (1), Joaquín (4), Fernando Vázquez e Ángel (1) –equipo inicial- Quique, Chimpo (10), Pablo (5), Pombo (4), Cristophe (1) e Manuel.
Viña Costeira (17+14) 31: Roi (1), Gabriel (3), Carlos (7), Rodrigo (2), Pablo (8), Rogelio (6) e Juan – equipo inicial – Carrera, David (2), Marcos (1), Rodríguez, Touza (1) e Enrique.
Árbitros: Julio López e Manuel Docampo. Non influíron no resultado final.
O Calvo Xiria despediu a liga en Segunda Nacional cunha derrota fronte ao Viña Costeira. Ao descanso, o conxunto visitante mandaba no marcador por un claro 7-17.

O Calvo Xiria ofreceu a súa peor versión na primeira parte do partido que lle enfrontou ao Viña Costeira e, cando quixo, non puido recortar a desvantaxe que os visitantes adquiriran no primeiro acto. Indolente en defensa e desacertado en ataque, o equipo de Marcos Rodríguez deu moitas facilidades a un Viña Costeira que non desaproveitou a concesión dos locais. En apenas doce minutos de partido, os visitantes gañaban xa por 2-9 e incrementaban a súa confianza para derrotar aos de Carballo. Máis agresivos en defensa e sen facer nada do outro mundo en ataque, os de Ribadavia foron incrementando a renda ata o 7-17 que sinalaba o marcador ao final da primeira metade. Os sete goles acadados polo Calvo Xiria falan ben ás claras do nivel amosado polos locais, nos peores trinta minutos de xogo disputados en toda a temporada.

O Calvo Xiria intentou a reacción na reanudación e saiu máis metido no partido. Capitaneado por un gran Chimpo, os de Carballo lograron un parcial de 1-5 nos primeiros minutos que alentaba as posibilidades de conseguir a remontada. Pero a diferenza adquirida polo Viña Costeira era moita e os visitantes lograban esquivar ese primeiro conato de reacción local deixando o marcador en vantaxes que rondaban os seis e catro goles. Cando parecía que a remontada era posible, unha exclusión de Cuco descentrou ao Xiria que, incomprensiblemente, foise do partido. Un parcial de 0-3 para o Viña Costeira, na superioridade, volvía a elevar a renda dos locais aos sete goles (16-23), unha diferenza que xa foi imposible de recurtar para os de Marcos Rodríguez. Polos locais cabe salientar a actuación de Joaquín e, sobre todo, de Chimpo, que deu un auténtico espectáculo na reanudación con dez goles a cada cal máis espectacular. O Viña Costeira conseguiu un merecido triunfo en Carballo, aínda que o seu xogo falou do por qué da súa situación na tabla clasificatoria. O certo é que o Calvo Xiria lle concedeu demasiadas facilidades, un regalo que non desaproveitou o conxunto visitante na primeira metade.