Calvo Xiria 29 – Bm. Ciudad de Móstoles 27
Uns 350 afeccionados entregados co seu equipo presenciaron a victoria do Calvo Xiria sobre o Bm. Ciudad de Móstoles por 29-27 nun encontro con alternativas e que se decidíu nos…
Uns 350 afeccionados entregados co seu equipo presenciaron a victoria do Calvo Xiria sobre o Bm. Ciudad de Móstoles por 29-27 nun encontro con alternativas e que se decidíu nos derradeiros minutos.
Os colexiados do encrontro, Pallarés e Méndez, erixíronse nos autenticos protagonistas do choque coa súa desastrosa actuación. Ante as protestas da grada pola súa actuación, o Sr. Méndez incluso se permitiu adicar un xesto despectivo ó respetable. Sinalar que o conxunto carballés xogou gran parte da segunda metade en inferioridade polas continúas exclusións coas que nos obsequiaron os árbitros (11 para os locais e 6 ós visitantes).
Comezaron froxos os locais que, a excepción do 2-0 inicial, tardaron 20 minutos en poñerse por diante no marcador. Nos ultimos 10 minutos prodúxose un intercambio de goles que fixo que se chegase ó descanso con empate no electrónico.
Xa na segunda parte, continuou o tono de igualdade, que predominou en case todo o partido, ata o minuto 18, momento no cal os madrileños, nos que destacaron especialmente o lataral Viñambres e o porteiro Manolo, se despegaron no marcador acadando unha renda de 4 goles. Pero nunha remontada épica, faltando 8 minutos os de Juan Fernández seguían perdendo de 4, o Calvo Xiria, levado en volandas polo seu público e con un Fernando Vázquez en estado de gracia (5 goles nestes últimos 7 minutos) e con Jorge inconmensurable na portería (5 paradas consecutivas), acadou un parcial de 9-3 que fixo que os de Carballo se levasen o encontro.
Aliñacións
– Polo Calvo Xiria:
Villa , Marcos ( 7 ), Fernando ( 10 ), David ( 4 ), Ofi ( 3 ), Gvazava ( 2 ) e Javi ( 3 ) – equipo inicial – Víctor, Sergio, Alberto ( 1 ), Alfonso, Dubra e Álex.
– Polo Bm. Ciudad de Móstoles:
Manolo, Cervera ( 3 ), Nico ( 5 ), Alberto ( 2 ), Viñambres ( 8 ), Rafa ( 3 ) e Edu – equipo inicial – Quique, Álex ( 3 ), Alejandro e Enrique.
Marcador cada 5 minutos
2-2 / 4-6 / 7-8 / 10-10 / 13-12 / 15-15 / 17-17 / 19-19 / 20-21 / 21-24 / 26-26 / 29-27
Os colexiados Sres. Pallarés e Mández tiveron unha desatrosa actuación.
Unhas 350 persoas acudiron o Pavillón da Zona Escolar.