10/03/07 CALVO XIRIA 29 – MAGOPE SEIS DO NADAL 32
Calvo Xiria (14+15) 29 : Iván, Queco, Cristophe, Cuco (2), Aitor (2), Pombo (1) e Alberto Salgado (6) –equipo inicial- Quique, Fernando Vázquez (7), Ángel (4), Pablo (5), Hernán, Chimpo (2) e Manuel.
Magope Seis do Nadal (17+15) 32 : Juan, Miguel (6), Aitor (1), Samuel (1), Alexandre López (6), Alexandre Piñeiro (4) e Juan (1) –equipo inicial- Alejandro (3), Roberto, José Ramón (1), Francisco, Antón (6), Marcos (3) e David.
Colexiados: Isaac Lago e Marcelo del Río . Nefastos.
O Calvo Xiria sumou a súa segunda derrota consecutiva tras caer co Seis do Nadal no Pavillón Municipal da Zona Escolar, en encontro correspondente á 22ª xornada de liga en Segunda Nacional. Ao descanso, o conxunto olívico mandaba no marcador por 14-17.
O Calvo Xiria non comezou ben o partido e deu moitas facilidades ao seu rival na parcela defensiva, o que aproveitou o Seis do Nadal para concluir con acerto a maioría dos seus ataques. O conxunto visitante foi aumentando a diferencia no marcador ata lograr unha renda de 5 goles ao ecuador do primeiro acto, que mantería prácticamente ata chegar ao descanso. O Calvo Xiria intentou recurtar distancias pero volveuse a atopar cunha actuación arbitral lamentable. Os colexiados vigueses Isaac Lago e Marcelo del Río quixeron ser protagonistas desde o pitido inicial e conseguiron desquiciar a un Xiria que non podía senón tragar as provocacións dalgún xogador visitante e aceptar que as sancións non se medían polo mesmo raseiro nunha e outra área. A contundencia (por non dicir violencia) defensiva do Seis do Nadal era permitida por uns colexiados que semellaban quererlle dar o primeiro posto da clasificación aos olívicos. Un par de accións rápidas do Xiria ao final da primeira parte permitiron ao Calvo Xiria chegar con só unha renda de tres goles en contra ao descanso.
O equipo de Marcos Rodríguez saliu encoraxinado na reanudación e foi quen de chegar a empatar o partido (22-22), aproveitando o único baixón defensivo do Seis do Nadal no partido. Incluso puido o Xiria poñerse por diante, pero non aproveitou un par de accións en ataque que lle deron alas ao conxunto visitante para abrir un novo oco de 2 e 3 goles. A parti de aí, os colexiados seguiron aplicando un reseiro ben distinto nunha e outra área, sacando accións de penalti a nove metros na área do Seis do Nadal, e aplicando a pena máxima en accións de ataque dos olívicos. En canto ás exclusións, 7 para o Xiria e 5 para o Seis do Nadal. Hai que destacar o bo partido de Angel e Fernando en ataque, ademáis da defensa dun Seis de Nadal que xogou un bo partido en Carballo. Os extremos olívicos demostraron a súa calidade ante Quique e Iván e o conxunto do sur demostrou por qué é o segundo clasificado. Sempre quedará a dúbida de saber se, con outra arbitraxe, o Xiria podería gañar o partido. É probable que si.